Xa funciona o Punto de Recarga para Vehículos Eléctricos de Xove

Onte, 13 de novembro, púxose en marcha o PUNTO DE RECARGA PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS instalado no entorno do Centro Cívico, concretamente no aparcamento lateral do Salón de Actos. Para instalación deste Punto de Recarga abriuse por parte do Concello un Concurso ao cal só se presentou a empresa Cargacoches S.L. Dentro deste Concurso a empresa realizou unha serie de propostas de mellora sobre as cláusulas dictadas polo Concello:Instalación dun único poste de recarga de 100 Kv con dous conectores. Período inicial de utilización gratuita dos puntos de recarga por parte dos usuarios durante TRES MESES a contar dende a formalización da correspondente Acta de Inicio. Ousexa, os usuarios poden recargar gratuitamente neste punto os seus vehículos eléctricos durante tres meses contados a partir do 13 de novembro.

Por parte do Concello concedeuse á empresa a CONCESIÓN DEMANIAL DE USO PRIVATIVO DE ESPAZOS DE DOMINIO PÚBLICO PARA A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE. Pola súa parte, a empresa Cargacoches comprométese a aboar ao Concello de Xove como canon da concesión e de acordo coa oferta presentada o 11% da facturación dos puntos de recarga.

recargar