A Xunta pon en marcha unha nova convocatoria do programa Benestar en Balnearios

 5551657

As persoas interesadas en participar na edición deste ano teñen ata o 18 de outubro para solicitar algunha das prazas dispoñibles nos 15 establecementos participantes.

O programa ofrece estadías de 10 días nalgunha destas instalacións e está destinada a todos os maiores de 60 anos e tamén a aqueles que superen os 55 e sexan pensionistas, para mellorar a súa calidade de vida ao fomentar actitudes positivas cara o autocoidado da saúde e favorecer as relacións sociais.

Para formalizar as solicitudes: Departamento municipal de Servizos Sociais

Documentación:

-         DNI da persoa solicitante e do/a seu cónxuxe de ser o caso

-         Tarxeta sanitaria da persoa solicitante e do/a seu cónxuxe de ser o caso

-         Certificado do INSS da pensión da persoa solicitante e do/a seu cónxuxe de ser o caso

Tlf. de contacto: 982592001