Programa Xuntos Polo Nadal 2023

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar empadroado nalgún concello galego.

c) Vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.

d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.

PRAZO E LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Ata o día 8 de decembro de 2023 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e dirixiranse á xefatura territorial correspondente en función do ámbito territorial do solicitante.

PARA MAIS INFORMACIÓN:Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove.- Telf.: 982592001.- E-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 --smile--> web da Xunta : Xuntos polo Nadal 2023 | Política Social (xunta.gal)

xpn cartel 2023