XII ENCONTRO DE PALILLEIRAS CONCELLO DE XOVE

O sábado, 7 de outubro, terá lugar no Concello de Xove o XII ENCONTRO DE PALILLEIRAS.

Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día. A día de hoxe temos algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados.

O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, vai comezar pola mañá ás 10:30 h. coa recepción de todas as palilleiras. O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 h pola mañá e der 16:30 a 19:00 h. pola tarde. A entrada, como sempre, vai ser libre e gratuita para todos.A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a través do Departamento de Muller e Igualdade. Contamos tamén coa colaboración da Asociación Saiñas, xa que o grupo de gaitas da Asociación vai ser o encargado de amenizar o Encontro.

X05O9016