Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Festa de Interese turístico de Galicia “San Antonio da Rigueira”
08/Xuño/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove presenta unha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira e amosa a súa satisfacción e ilusión ante a chegada dunha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2023 e que constitúe un dos grandes referentes festivos e culturais da comarca.
O vindeiro sábado, 13 de xuño, veciños, veciñas e visitantes volverán reunirse nunha xornada na que se mesturan tradición, devoción, música, gastronomía e, sobre todo, o espírito de convivencia que caracteriza esta romaría.
Na presentación oficial do cartel participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte; así como representantes da comisión de festas, José Antonio García Fernández e Juan José García Sánchez.

O San Antonio da Rigueira é unha festa con fondas raíces históricas e cun enorme valor sentimental para os veciños e veciñas da parroquia e de todo o municipio. Cada ano son centos as persoas que se achegan para participar na celebración, tanto da comarca como doutros puntos de Galicia e Asturias, atraídas pola singularidade desta tradición.
O Concello quere convidar a toda a cidadanía a achegarse ese día á Rigueira para vivir o ambiente festivo, desfrutar das actividades programadas e contribuír a manter viva unha celebración que forma parte esencial da identidade e do patrimonio cultural de Xove.
O desexo da organización é que o bo tempo acompañe e que esta edición volva converterse nunha xornada inesquecible.

A romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira foi durante décadas unha das celebracións máis coñecidas de Galicia, ata o punto de que moitas persoas de Galicia e Asturias identificaban o municipio de Xove con esta festa. Consciente da súa importancia cultural e social, o Concello iniciou no ano 2009 un proxecto de recuperación da romaría, devolvéndolle o protagonismo que tradicionalmente tivera en todas as parroquias do concello, consolidándose como unha das celebracións máis representativas do municipio.
Fogueiras de San Xoán e San Pedro 2026.
29/Maio/2026
Delegación de Agricultura
-
O CONCELLO DE XOVE ABRE O PRAZO PARA AS COMUNICACIÓNS DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2026
O Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove informa da apertura do prazo para a comunicación das tradicionais fogueiras de San Xoán e San Pedro. No caso das fogueiras de San Xoán, o prazo permanecerá aberto dende o 1 ata o 19 de xuño, mentres que para as fogueiras de San Pedro o período de comunicación será dende o 1 ata o 25 de xuño.
Dende o Concello quérese contribuír a manter viva unha das tradicións máis arraigadas da nosa cultura popular, unhas celebracións nas que o lume cobra especial protagonismo. Pero ao mesmo tempo, recórdase á veciñanza que nesta época do ano os permisos ordinarios de queima atópanse suspendidos e que a situación climatolóxica actual supón un risco elevado de incendios forestais. Por este motivo, faise un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento das medidas de seguridade establecidas para evitar calquera incidente.
O Concello de Xove agradece a colaboración da cidadanía para poder compatibilizar a celebración destas festas tradicionais coa seguridade, a prevención de lumes e a protección do noso medio natural.

Proxecto de formación e sensibilización en novas masculinidades para adolescentes.
29/Maio/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O Concello de Xove, a través da área de Igualdade, rematou o 18 de maio unha serie de catro charlas-obradoiro en coordinación co IES Illa de Sarón, para a rapazada de 14 a 16 anos, sobre a formación e sensibilización para impulsar novos modelos de masculinidades máis igualitarias, e o desenvolvemento da intelixencia emocional para conseguilo. Estes son algúns dos contidos das catro sesións, que foron principalmente prácticas e de debate, e que se levaron a cabo en horario de titorías no centro de ensinanza secundaria de Xove. Estas accións formativas están cofinanciadas pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade:

Premiados no Concurso das Letras Galegas 2026.
28/Maio/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Biblioteca Municipal de Xove vén de facer público o fallo do xurado do Concurso das Letras Galegas 2026, certame que organiza anualmente con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e que nesta edición estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
O concurso contou con participación de alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, que presentaron traballos inspirados na vida, obra e legado dunha das voces máis destacadas da literatura galega contemporánea. O xurado, formado por membros de asociacións rexistradas no concello abalou a creatividade e o compromiso coa lingua e cultura galegas amosados polas persoas participantes.
Os premiados son:
Categoría Educación Infantil:-Xare González Celaya .-Enzo Santos Soto.-Elsa Baño Bouza
Categoría 1º e 2º Educación Primaria: -Carmela Miguez Varela.-Isabella Lozada Salinas
Categoría 3º e 4º Educación Primaria:-Valeria Vilasa Posada
Categoría 5º e 6º Educación Infantil:-Ainara Sánchez Lage.-Alba Maseda Franco.-Lía Casabella Gacio
Categoría de 1º a 4º ESO.-Marcos Mariño Ferrería
As persoas premiadas recibirán os seus galardóns nun acto público que terá lugar proximamente nas instalacións do CEIP Pedro Caselles de Xove, nunha xornada de homenaxe á autora e de celebración das nosas letras.
Desde a organización quérese agradecer a participación de todos os centros educativos, familias e persoas colaboradoras que fan posible que este certame continúe consolidándose ano tras ano como unha referencia cultural no municipio á vez que agradecer tamén o traballo do xurado.
Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira 2026
26/Maio/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xa podes inscribirte para facer a Romaría ao San Antonio Ventureiro o próximo 13 de xuño e recibir a Ventura e o lirio branco cando chegues á igrexa da Rigueira. O prazo de inscrición remata o xoves 11 de xuño, ás 13:00 h (para que nos dea tempo a encargar as flores). Anímate a facela cos teus animais de compañía!

Oferta emprego (Socorrista)
26/Maio/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

XOVE CONCILIA VERÁN
25/Maio/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Aberto o prazo de inscrición no programa Xove Concilia Verán 2026 ata o 13 de xuño na OMIX ou a través da Sede Electrónica do Concello de Xove

XXVIII EDICIÓN DA FEIRA CABALAR DE LAGO
12/Maio/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O VINDEIRO DOMINGO 17 DE MAIO TERÁ LUGAR A XXVIII EDICIÓN DA FEIRA CABALAR DE LAGO.
 A Asociación Equina A Medela celebrará o vindeiro domingo 17 de maio a XXVIII edición da súa tradicional Feira de Gando Cabalar, unha cita xa consolidada no calendario festivo e ecuestre da comarca e que cada ano reúne a numerosos criadores, afeccionados ao mundo do cabalo e visitantes chegados de distintos puntos da provincia. A feira desenvolverase ao longo de toda a xornada nunha pista especialmente acondicionada polo Concello de Xove nas inmediacións do Centro Social de Lago, espazo que volverá converterse no centro da actividade cabalar durante este importante encontro. Entre as 9:30 e as 10:45 horas terá lugar a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as correspondentes medicións dos cabalos inscritos. Ao longo da mañá e tamén durante a tarde celebraranse distintos concursos e exhibicións, nos que os asistentes poderán desfrutar da beleza e calidade dos exemplares participantes, así como do ambiente festivo e tradicional que caracteriza esta feira. Ademais, ao mediodía, as persoas afeccionadas ao mundo do cabalo poderán compartir unha animada sesión vermú que contribuirá a amenizar a xornada e favorecer a convivencia entre participantes, visitantes e organización.
 Desde a Asociación Equina A Medela destacan a importancia de manter viva esta tradición, que serve non só para promover o sector equino, senón tamén para dinamizar a vida social e cultural da contorna. A entidade organizadora agradece igualmente a colaboración do Concello de Xove e o apoio de todas as persoas e colectivos que fan posible a celebración desta XXVIII edición. A organización anima a toda a veciñanza e ao público en xeral a achegarse ata Lago para desfrutar dunha xornada dedicada ao mundo do cabalo, á tradición e á convivencia.
Biblioteca Municipal: Club de Lectura
12/Maio/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE PON EN MARCHA POR PRIMEIRA VEZ O SEU CLUB DE LECTURA “CANTÍS DE PAPEL”.
A Biblioteca Municipal de Xove inicia unha nova etapa coa posta en marcha por primeira vez dende a súa apertura no ano 1990, dun club de lectura dirixido a todas as persoas afeccionadas aos libros e a literatura. Baixo o nome de “Cantís de Papel”, este novo proxecto cultural nace como unha metáfora inspirada na paisaxe máis característica do concello: os cantís de Morás. Igual que o mar Cantábrico vai moldeando coa sua oleaxe as pedras dos acantilados ao longo do tempo, tamén a lectura deixa pegada nas persoas, conformando pensamentos, emocións e novas maneiras de mirar o mundo a través das páxinas dos libros. Con este simbolismo e esta vocación de encontro arredor da cultura, arranca o primeiro club de lectura promovido pola Biblioteca Municipal de Xove, unha iniciativa que xa reune a máis dunha vintena de veciños e veciñas do concello unidos pola paixón pola lectura. “Cantís de papel” contará coa participación de persoas de diferentes idades, desde rapaces e rapazas ata xente maior, convertendose nun espazo aberto de convivencia interxeracional no que compartir experiencias, recomendacións e reflexións literarias. As reunións celebraranse o último venres de cada mes, momento no que os participantes poderán intercambiar opinións e ideas sobre o libro previamente seleccionado para a súa lectura. Dende a Biblioteca Municipal de Xove destácase a boa acollida que tivo esta iniciativa e o interese mostrado pola veciñanza, consolidando así un novo espazo de participación cultural e social no municipio.

Festa das Fillas de María ' 2026
05/Maio/2026
CONCELLO DE XOVE
-
XOVE CELEBRA O 16 DE MAIO A TRADICIONAL FESTA DAS FILLAS DE MARÍA, TAMÉN COÑECIDA COMO FESTA DAS FLORES
O Concello de Xove, da man da Asociación de Festexos Montevelle, acollerán o vindeiro sábado 16 de maio unha nova edición da Festa das Fillas de María, coñecida popularmente como Festa das Flores, unha cita xa consolidada no calendario festivo local que encherá de vida, tradición e cor a zona vella da vila, nas inmediacións da igrexa parroquial. A programación dará comezo ás 10:30 horas coa apertura de diferentes postos que conformarán un mercado tradicional ao longo da rúa Nosa Señora do Carme. Ademais, o público poderá gozar de demostracións de oficios tradicionais, poñendo en valor o saber facer artesanal. Durante a mañá, a Asociación Cultural Saiñas e a charanga NBA animarán Xove cos seus pasarrúas, creando un ambiente festivo e participativo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa con ofrenda floral á Virxe, un dos actos centrais da xornada, que dará paso a unha sesión vermú amenizada polo grupo D-Kris.
 Xa pola tarde, a festa continuará con propostas pensadas especialmente para a infancia, entre as que destacan inchables, un obradoiro de cerámica e o contacontos teatralizado “Divers@s”, a cargo de Bátega Teatro.A xornada festiva culminará pola noite cunha verbena animada novamente polo grupo D-Kris e a Disco Móbil Conxuro. Como peche, terá lugar unha queimada popular para todas as persoas asistentes. Cómpre salientar tamén a coidada decoración floral, un dos sinais de identidade desta celebración, que cada ano engalana espazos como a rúa da Igrexa e a rúa Doutor José Baamonde Illade, ofrecendo un atractivo visual destacado para veciñanza e visitantes.Ademais, nesta edición a festa tamén incorpora un elemento especial de carácter cultural, sumándose á celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Begoña Caamaño. Así, a decoración contará con frases da autora, integrando literatura e tradición nun mesmo espazo festivo. Dende o Concello e a Asociación de Festexos Montevelle tamén se convoca aos establecementos locais a ser partícipes desta festa coa proposta de incluir nos seus locais elementos e produtos relacionados coas flores, coa vestimenta indicada para esta festa (roupas de cor branca con complementos azuis) e coas Letras Galegas pola cercanía da data. Desde a organización convídase a toda a veciñanza a participar e gozar dunha xornada única que combina cultura, tradición, música e identidade local.

V Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente
30/Abril/2026
CONCELLO DE XOVE
-
V Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente. “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”
Prazo de participación no concurso do 1 ao 22 de maio
Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove animamos a nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar nesta nova edición dun concurso que pon en valor a beleza do noso entorno
Participar é moi sinxelo : Saca unha foto no teu espazo preferido do Concello de Xove.- Amosa a túa mirada sobre o noso medio natural e comparte o que fai especial Xove .- Anímate a participar e non perdas esta oportunidade!
FOLLA DE INSCRIPCIÓN
BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA 2026

PRESENTACIÓN DO CONCURSO:

Día Provincial das Amas de Casa 2026
26/Abril/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
Xove acolle o Día Provincial das Amas de Casa cunha xornada de convivencia e recoñecemento ao labor asociativo feminino
O Concello de Xove foi escenario do Día Provincial das Amas de Casa, un encontro que este ano estivo organizado pola Asociación de Mulleres Bolboretas de Palmeiro, que preparou con gran agarimo unha completa xornada de actividades.

A programación comezou cun delicioso desaiuno elaborado polas propias integrantes da asociación, seguido dunha exposición na que se amosaron os traballos realizados ao longo dos anos de existencia da asociación, reflexo do esforzo, da creatividade e do compromiso destas mulleres co movemento asociativo.
Durante a mañá tamén se proxectou un audiovisual para dar a coñecer a historia da antiga baleeira do porto de Morás, recuperando así unha parte importante da memoria local, ao remate do video desplazáronse ata a zona etnográfica da baleeira onde Lucía Sánchez, socióloga do Concello e Brais Vilar de Rutas Galicia Norte, lles contaron in situ a evolución da historia industrial do municipio.
A xornada continuou cunha comida de confraternidade, na que se fixo entrega dun detalle a cada unha das asociacións participantes, como mostra de agradecemento pola súa presenza e implicación.
No encontro participaron un total de 12 asociacións da provincia, reunindo arredor de 140 mulleres chegadas de distintos puntos:
- Asociación Angueiras de Chavín (Viveiro)
- Asociación de Amas de Casa Beiromar de San Cosme de Barreiros
- Asociación Parroquial de Amas de Casa e Consumidores de Santa María de Bretoña
- Asociación de Amas de Casa Río Miño de Meira
- Asociación de Amas de Casa e Consumidores Alborada de San Cibrao (Cervo)
- Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lugo Lucus
- Asociación de Amas de Casa de Ribadeo
- Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa de Burela
- Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme de Foz
- Asociación de Amas de Casa de Mondoñedo
- Asociación de Amas de Casa e Consumidores Bruma de Lagostelle (Guitiriz)
Dende o Concello de Xove, o alcalde, Demetrio Salgueiro quere agradecer a directiva da Asociación de Mulleres Bolboretas de Palmeiro o seu excelente traballo organizativo, así como recoñecer o papel fundamental que desempeñan todas estas entidades na dinamización social, cultural e comunitaria dos nosos concellos.
Unha xornada marcada pola convivencia, a participación e o orgullo de compartir tradicións e experiencias entre mulleres de toda a provincia.
3ª Charla para familias e docentes, celebrada o 8 de abril
16/Abril/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
3ª Charla para familias e docentes, celebrada o 8 de abril: Corresponsabilidade na Educación sobre o Uso das Tecnoloxías.
Sesión en diferido da terceira charla en corresponsabilidade da programación do Concello de Xove para o 8M. Unha sesión dinámica onde compartimos e aprendimos ferramentas para mellorar a convivencia e a corresponsabilidade na educación.
Reencontro´s Fest 2026
10/Abril/2026
CONCELLO DE XOVE
-
A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro celebra o seu 20 aniversario cunha cea-baile.
A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro conmemora o seu 20 aniversario coa organización dunha cea-baile que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, a partir das 22:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Centro Cívico de Xove. Co obxectivo de revivir vivencias e anécdotas, así como lembrar momentos inesquecibles, a entidade promove este encontro para conectar diferentes xeracións, unindo familias e amizades nun ambiente de alegría e nostalxia. O menú será elaborado pola Pulpería Mario de Viveiro e estará composto por empanada, polbo á feira, carrilleiras de porco ibérico ao mencía, carrot cake, café e chupito, cun prezo de 40 euros por persoa e pódense anotar ata o 20 de abril.

A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro, garantindo música e diversión durante toda a noite. Os membros da asociación, que tamén integran a comisión de festas encargada da tradicional Festa dos Callos no Alto do Cruceiro, queren facer partícipes deste evento, en primeiro lugar, a todos os veciños e veciñas da parroquia de Xuances, así como á veciñanza de Xove en xeral e a todas aquelas persoas que manteñan algún vínculo coa zona ou que desexen gozar dunha noite especial de boa compañía, recordos e emocións compartidas.

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|