Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Xove Concilia Semana Santa 2026
03/Marzo/2026
CONCELLO DE XOVE
-

Acción formativa en corresponsabilidade para familias e docentes.
02/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

FICHA DE INSCRICIÓN
8M: Marzo é o mes da Muller en Xove
23/Febreiro/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

Plan de Emprego: Aberto o prazo de cobro de subvencións PEM 2025
11/Febreiro/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Aberto o prazo para solicitar o cobro das subvencións concedidas para a contratación ao abeiro do PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL de persoal do municipio e/ou para as persoas veciñas do municipio que se deron de alta no REAT. ATA O 15/03/2026 está aberto o prazo para solicitar o cobro correspondente ao ano 2025. PARA A TRAMITACIÓN PODES ACCEDER DIRECTAMENTE A TRAVÉS DESTE ENLACE: http://bit.ly/4krhEdI
* Se tes algunha dúbida podes contactar:Rosa Lage Canoura.- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.- Concello de Xove.- TLF.: 982592001

Nota Informativa para os establecementos comerciais de Xove
10/Febreiro/2026
Concellería de Medio Ambiente
-

Entrega de Plantas e Árbores 2026
09/Febreiro/2026
Delegación de Agricultura
-
A CONCELLERÍA DE AGRICULTURA TEN TODO PREPARADO PARA MAÑÁ MARTES FACER A ENTREGA DE PLANTAS Á VECIÑANZA.
A Concellería de Agricultura pecha a campaña de árbores autóctonas e plantas de xardín coa entrega dos pedidos.
A Concellería de Agricultura informa de que mañá, martes 10 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, terá lugar a entrega de todos os pedidos de árbores forestais, autóctonas e plantas de xardín correspondentes á campaña 2025/2026.
A campaña desenvolveuse durante os meses de novembro e decembro do ano pasado, período no que estivo aberto o prazo de solicitude para toda a veciñanza. Neste ano rexistráronse menos solicitudes que en edicións anteriores, aínda que de maior volume, predominando os pedidos de árbores froiteiras, o que amosa un cambio de tendencia cara a plantacións máis produtivas.
Con esta xornada de entrega péchase oficialmente a campaña, facendo chegar os exemplares solicitados a todas as persoas participantes. A entrega realizarase no local anexo ao bar A Cívica, situado na praza do Centro Cívico.
Desde a Concellería de Agricultura agradécese a implicación da veciñanza e o seu compromiso coa sustentabilidade, a conservación do medio ambiente e o fomento das especies vexetais de interese local.

Saíñas organiza a XVII Festa do Lacón
29/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación Cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Laconada, unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes.
O evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada.
Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación.
A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía. Desde a Asociación Cultural Saíñas convídase a todo o mundo a achegarse para gozar deste cocido a prezo popular, compartir momentos cos amigos e botar unhas pezas que axuden a animar o duro inverno que estamos tendo.
A Asociación quere agradecer a colaboración do Concello de Xove, así como a de todos os socios e persoas que arriman o ombro para que esta Festa do Lacón sexa, un ano máis, todo un éxito, acadando xa a súa XVII edición.
PRESENTACIÓN


Antroido 2026.-. Presentación
28/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-

Concurso de CaReTas 2026
21/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Os premios do concurso de confección de caretas de Entroido organizado polo Concello de Xove teñen por obxecto incentivar a participación cidadá, en particular dos escolares de Xove, na programación prevista para o Entroido 2026. PROPOSTA DE CONVOCATORIA E BASES

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto FICHA
A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 14 de febreiro de 2026.
As caretas deberán estar relacionadas con motivos de entroido. Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio. A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc. A careta non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.
Entrega os premios do Concurso de Postais de Nadal
16/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove celebrou este venres a entrega de premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal, organizado cada ano pola Biblioteca Municipal de Xove. O acto tivo lugar no CEIP Pedro Caselles Rollán e reuniu, nun bonito encontro, a todo o alumnado premiado tanto deste centro educativo como do IES Illa de Sarón. Os premios foron entregados polo alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín.
Os gañadores e gañadoras desta edición foron os seguintes:
-
- Categoría Educación Infantil: Lara Díaz, Vera Insua e Elsa Baño.
- 1º e 2º de Educación Primaria: Xoel Sánchez, María García e Clara Casariego.
- 3º e 4º de Educación Primaria: Jimena Paleo, Anaïs Romero e Alejandro Loyola.
- 5º e 6º de Educación Primaria: Jesús López, David Burgos e Paula Fernández.
- ESO: Óscar Bertolo, Paula Pérez e Andrés Alcalde.
Desde o Concello de Xove queremos agradecer a participación, felicitar ás persoas premiadas e recoñecer tamén o labor do xurado, composto por membros de asociacións inscritas no Concello de Xove, que de maneira totalmente desinteresada realizan cada ano o complexo traballo de valorar as numerosas postais presentadas.

Grazas a todos e todas pola vosa implicación. A Biblioteca Municipal de Xove xa está a traballar na próxima convocatoria: o Concurso de Caretas de Entroido.
Clausúrase o Belén da igrexa de San Miguel da Rigueira...
13/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Clausúrase o Belén da igrexa de San Miguel da Rigueira tras recibir centos de visitas durante este Nadal
O impresionante belén instalado, como cada nadal, nunha nave lateral da igrexa de San Miguel da Rigueira, no concello de Xove, vén de clausurarse este domingo tras varias semanas aberto ao público. Foron moitas as visitas recibidas durante estas datas. Veciños e veciñas do concello de Xove, así como persoas procedentes de concellos limítrofes, achegáronse ata a Rigueira para contemplar de primeira man este belén, que ano tras ano é montado con moito cariño, paciencia e dedicación por voluntarios e colaboradores da igrexa, de maneira totalmente desinteresada, para o desfrute de toda a veciñanza. Este belén, que leva xa varios anos colocándose no interior do santuario, cambiou a súa ubicación co paso do tempo. Nos primeiros anos situábase ao fondo da igrexa, mentres que nos últimos nadales pasou a instalarse nunha nave lateral do edificio, permitindo unha mellor visualización e un maior aproveitamento do espazo.
 A montaxe ocupa unha superficie aproximada de 40 metros cadrados e conta con figuras típicas dos beléns tradicionais, representando todas as personaxes da época e unha ampla variedade de oficios. Ademais, destaca polo seu gran realismo, xa que algunhas figuras contan con movemento, hai son ambiente de auga e paxaros, e incluso se pode apreciar a diferenza entre o día e a noite grazas ao escurecemento e posterior clareo das escenas ao amencer.
 Desde a organización queren agradecer sinceramente a visita de todas as persoas e asociacións que se achegaron ata a Rigueira nestas datas tan entrañables e que souberon valorar o traballo realizado. Tamén queren facer unha mención especial e unha lembranza agarimosa para aqueles colaboradores voluntarios que sempre estiveron presentes e que xa non están entre nós. Finalmente, os organizadores expresan o seu desexo de que no vindeiro nadal poidan mellorar e ampliar este belén, co obxectivo de volver recibir as esperadas visitas e continuar ofrecendo este espazo de encontro, tradición e ilusión para toda a comunidade.
A Cabalgata de Reis 2026 este Luns en Xove
03/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura do Concello de Xove informa da chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao noso concello, unha das citas máis agardadas destas datas tan especiais. As Súas Maxestades chegarán cedo a Xove para realizar unha visita moi especial á Residencia San Bartolomé, onde os seus usuarios e usuarias, sempre tan agradecidos, recibirán aos Reis con moito cariño e emoción.
Posteriormente, os Reis Magos desprazaranse á nave-almacén do Concello, punto de saída do tradicional desfile das carrozas polas rúas de Xove, que arrancará ás 7 da tarde. O percorrido pasará por diante dos dous centros educativos do municipio, o Instituto e o Colexio, saíndo á Avenida Deputación pola que seguiran ata o cruce do parque e baixaran pola rúa Doutor José Baamonde Illade, desde onde se dirixirán cara ao Centro Cívico.
Unha vez alí, as Súas Maxestades baixarán das carrozas para dirixirse ao Pavillón Municipal. Neste espazo, os Reis Magos terán unhos tronos onde sacarán fotografías e recibirán a todos os nenos e nenas que queiran achegarse ao seus regazos para compartir ilusións e desexos. A noite estará amenizada con animación musical a cargo do DJ Conxuro, que fará gozar a todo o público presente.
Desde a organización estarase moi pendente da previsión meteorolóxica. E á hora da saída , ás 7 da tarde, no caso de que as condicións do tempo sexan adversas, activarase un plan alternativo que consistirá no traslado directo dos Reis Magos e dos seus colaboradores ao pavillón municipal, garantindo así que os máis pequenos poidan gozar igualmente deste momento tan especial e non perdan a ilusión.
A Concellería de Cultura quere expresar o seu agradecemento a todas aquelas persoas que, de maneira totalmente desinteresada, colaboraron para que tanto esta Cabalgata como o conxunto das actividades de nadal programadas se desenvolveran con éxito. En especial, aos operarios municipais, e a Papá Noel, Reis Magos, paxes reais, elfos, personaxes Disney, pastores e pastoras, e cabaleiros que arribaron en Xove.



Dia da infancia o Domingo 4 de Xaneiro 2026
02/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove celebra este ano unha das súas xornadas máis especiais dentro da programación do nadal: o Día da Infancia, unha actividade pensada para facer as delicias dos máis pequenos da casa. Esta celebración terá lugar o domingo, 4 de xaneiro, converténdose no colofón perfecto antes de despedir as festas co seu punto máis destacado: a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá –so o tempo o permite- as rúas de Xove o día seguinte, 5 de xaneiro.
Durante toda a xornada do domingo, os nenos e nenas poderán gozar dunha ampla oferta lúdica pensada exclusivamente para eles. En horario de mañá e tarde a Piscina Municipal acollerá divertidos xogos acuáticos, nos que os rapaces poderán participar e pasalo en grande.

Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, a diversión trasladarase ao Pavillón Municipal, onde haberá diferentes inchables para saltar, xogar e desfrutar sen límite.
O obxectivo desta iniciativa é que os máis pequenos vivan unha xornada inesquecible, chea de actividades deseñadas para o seu entretemento e diversión, e que poidan descansar logo dunha tarde intensa… porque ao día seguinte a visita dos Reis Magos de Oriente volverá encher Xove de emoción, maxia e expectación.
Os acordeonistas da Mariña actuan en Xove
02/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove continúa coa programación cultural do Nadal 2025-2026
O Concello de Xove continúa este sábado, 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás 7 da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto dos Acordeonistas da Mariña.
Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística.

Desde o Concello de Xove anímase á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades.
A entrada será libre ata completar aforo.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|