AXUDAS AO ESTUDO CURSO 2024/2025
02/Outubro/2024
Departamento de Servizos Sociais
-
Xa está Aberto o prazo, ata o 22 de outubro, para solicitar as axudas ao estudo para o curso 2024/2025
As modalidades de bolsas e axudas ao estudo son as seguintes:
- MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
- MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
- MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
- MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
- MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
- MODALIDADE 6.- Axudas para master
Os requisitos das persoas solicitantes son:
Os interesados na concesión dunha bolsa ou axuda ao estudo deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectivo do núcleo familiar no Concello de Xove, e en caso de independencia do solicitante, que se considerará tal se en o momento da solicitude ten contrato de traballo en vigor, requirirase o empadroamento e residencia efectivo persoal. Ademais, no caso das axudas da Modalidade 1 de bolsas e axudas ao estudo universitario, é condición indispensable non ter máis de dúas materias suspensas de cursos anteriores, a condición de que o alumno estea matriculado dun curso completo ou dun número de materias non inferior a cinco. E así proporcionalmente ao número de materias.
Así mesmo, para obter o total da axuda da modalidade 6 de master, deberá acreditarse documentalmente un gasto superior á cantidade para conceder, entendéndose como gastos a xustificar os derivados da matrícula, gastos de estancia, gastos de desprazamentos, gastos de alimentación e/ou gastos de material, e no caso de non xustificar o total da axuda, esta prorratearase.
Os gastos deberán ser xustificados con facturas, taxas de matrícula, contratos (estancia) ou calquera outro gasto que acredite fidedignamente a realización do gasto sen admitirse simples recibos nin declaracións.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS/AS SOLICITANTES
a).- Impreso de solicitude
b).- Fotocopia do D.N.I. ou N.I. F. do solicitante
c).- Fotocopia do Libro de Familia
d).- Certificado de empadroamento e convivencia, que será expedido de oficio polo Concello
e).- Certificado ou acreditación de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a axuda
f).- Copia cotexada da declaración da renda de todos os maiores de idade da unidade de convivencia.
Caso de non estar obrigados a presentar tal declaración, presentaranse nóminas ou certificacións acreditativas dos ingresos obtidos durante o pasado ano, así como certificación da AEAT de non atoparse dentro do censo de declarantes.
Para o caso de ingresos que non podan ser demostrados documentalmente, requirirase unha declaración xurada do solicitante.
g).- Xustificante das contías das pensións que se perciban por parte dalgún membro da unidade de convivencia.
h).- Notas conseguidas no curso anterior, con excepción de educación infantil e primaria.
i). Para aqueles solicitantes para os que a contía da axuda iguale ou excceda de 3.000.€ Certificación de non ter débedas tributarias coa AEAT e a Facenda Autonómica nin coa Seguridade Social, sempre que na solicitude non autorice ao Concello de Xove a obter de oficio as mencionadas certificacións.
j).- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios co Concello de Xove, que será expedido de oficio polo Concello.
k).- Declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade, no modelo normalizado.
l).- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
m).- Certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, deberes e condicións necesarios para a obtención da bolsa, no modelo normalizado.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
BASES REGULADORAS BECAS
SOLICITUDE
DECLARACIÓN REQUISITOS
DECLARACION DOUTRAS AXUDAS
DECLARACIÓN RESPONSABLE