Entregados Os Premios Do Iº Concurso De Fotografía Medioambiental En Xove
Hoxe pola tarde, nun acto desenvolvido no Salón de Plenos do Concello, o alcalde Demetrio Salgueiro fixo entrega dos premios aos gañadores do Iº Concurso de Fotografía Medioambiental. A esta entrega só faltou Claudia Vázquez, gañadora do segundo premio en categoría xuvenil, por estar de viaxe. O Concello, a través da Concellería de Cultura, convocou hai uns meses o Iº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso era a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.Dentro do concurso tivemos dúas categorías: Adultos, 18 anos ou máis e Xuvenil, para menores de 18 anos.
No Concurso participaron 19 persoas. O Xurado, que estivo nesta ocasión formado polo pintor xovense Juan Manuel Guerreiro Vázquez “Xoan Guerreiro” e polo fotógrafo de prensa Xaime Fernández Ramallal “Xaime”, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo Barro, acordou outorgar os seguintes premios:
- Categoría xuvenil.- 1º premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”.- 2º premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.
- Categoría adultos: 1º premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”. 2º premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.