Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Axudas a Gandeiría

AXUDAS A GANDEIRÍA

cow-40922 640

A concepción moderna da agricultura e da gandería considera ambas actividades humanas como funcións sociais que van mas alá do seu primixenio papel de medio de producción de alimentos para o consumo, ou da súa ulterior consideración como unha actividade económica propia do que se deu en chamar sector primario, en contraposición aos sectores secundario ou industrial, ou terciario ou de servizos. Hoxe, a agricultura e a gandería alcanzaron unha notable dimensión social, ó contribuír a evitar ou retrasar o despoboamento do medio rural, con todo o que de positivo se deriva deste  mantemento dos núcleos de poboación rural, especialmente para a preservación das culturas tradicionais dos pobos e o equilibrio do medio ambiente.
Por iso, de acordo coa Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e en virtude das atribucións conferidas polo artigo 25 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e os artigos 23 e seguintes do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, establécense as bases reguladoras das axudas pa
ra explotacións gandeiras de gando vacún do Concello de Xove de acordo co seguinte articulado:

ARTIGO 1.- OBXECTO.- É obxecto das presentes Bases regular as axudas a conceder polo Concello de Xove para compensar ós titulares de explotacións gandeiras de gando vacún sitas no concello por perdidas derivadas da morte da reses.

Aos efectos das presentes bases enténdese por explotación gandeira o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade gandeira e que constitúa en sí mesma unha unidade técnico- económica na que se teñan, críen, ou manipulen animais, sen perxuízo da súa división, por razóns técnicas, en diferentes unidades de producción.

ARTIGO 2.- FINANCIAMENTO.- As presentes axudas financiaranse con cargo ó crédito consignado na partida 531.489 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal vixente, ascendendo como máximo a 25.000,00 €.

O Concello resérvase a facultade de reducir o número tope de cabezas subvencionadas en función das dispoñibilidades orzamentarias así como de circunstancias sobrevidas que puidesen acontecer.

ARTIGO 3.- CENSO DE GANDO .-Toda explotación gandeira deberá estar rexistrada no censo municipal que a tal efecto elaborará a Concellalía de Agricultura, Gandeiría e Monte.

ARTIGO 4.- BENEFICIARIOS.-Poderán solicitar as axudas recollidas nas presentes Bases as persoas físicas ou xurídicas que consten como titulares da explotación gandeira e estean censados no Concello. (C.E. 27025....)

O solicitante deberá estar ó corrente do pagamento dos tributos do Concello de Xove e a tal efecto a formulación de solicitude da axuda presupón a autorización para recadar a información que verifique o cumprimento de tal extremo.

ARTIGO 5.- REQUISITOS DO GANDO OBXECTO DA AXUDA Para poder disfrutar da axuda o gando deberá dispor da carta de saneamento, excepto as reses que nazan ou se compren entre campañas de saneamento. Neste caso, se o xato está chapeado esixirase que estea anotado no Libro de Explotación do titular.

Asímesmo, para ter dereito á subvención no que atinxe a gando comprado, deberá ter una estadía mínima de dous meses na explotación do solicitante, tanto se trate das reses como das súas futuras crías.

ARTIGO 6.- CONTÍA DAS AXUDAS.-A axuda alcanzará como máximo un número de dez reses por explotación e varía en función da idade do animal de acordo co seguinte baremo:

IDADE

AXUDA €

  • Menos de 1 mes

120

  • Entre 1 e 6 meses

200

  • Entre 6 e 9 meses

300

  • Entre 9 meses e 2 anos

400

  • Entre 2 e 4 anos

500

  • Entre 4 e 7 anos

400

  • Entre 7 e 10 anos

300

  • Entre 10 e 14 anos

200

  • Máis de 14 anos

0

 Asímesmo, os abortos de máis de sete meses, percibirán 60 € por cría.

 ARTIGO 7.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.- As solicitudes deberán presentarse no departamento de Agricultura do Concello antes de que transcorran 2 meses dende a data da morte do animal obxecto de axuda.

ARTIGO 8.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

    • Modelo de solicitude a facilitar polo Concello
    • D.N.I. do solicitante
    • Certificado de empadroamento
    • Documentación acreditativa da titularidade da explotación (Fotocopia compulsada da portada do Libro da Explotación e da páxina na que estea inscrito o animal)
    • Impreso oficial acreditativo da recollida do animal morto para o seu traslado á planta de residuos homologada
    • Fotocopia compulsada da carta de saneamento actual. No caso de que o animal fose adquirido noutra explotación, fotocopia da carta de saneamento da explotación da que procede.
    • Fotocopia compulsada do D.I.B. do animal, que deberá estar dado de baixa na Oficina Agraria Comarcal.
    • Fotocopia compulsada do documento de recollida de animais mortos.
    • Certificado da entidade bancaria indicando o número de conta do solicitante
    • Declaración xurada de non ter solicitada ou concedida ningunha outra axuda para a mesma finalidade de ningunha Administración Pública, no modelo facilitado polo Concello.

ARTIGO 9.- TRAMITACIÓN .-A tramitación das axudas será efectuada pola Concellalía de Agricultura, Gandeiría e Monte, que poderá requirir ó interesado calquera documentación complementaria para garantir o cumprimento dos requisitos esixidos, tanto na tramitación da solicitude coma na xustificación, para o pago da axuda.

ARTIGO 10.- OUTORGAMENTO DAS AXUDAS.-A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para a concesión das axudas a que se refiren as presentes bases.

 ARTIGO 11.- INCOMPATIBILIDADES.-A percepción das axudas reguladas nas presentes Bases será incompatible con calquera outra percibida das Administracións Públicas para a mesma finalidade.

 DISPOSICIÓN FINAL.-As presentes Bases terán carácter anual; non obstante, permanecerán en vigor para os vindeiros exercicios académicos en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas, podendo mediante acordo da Xunta de Goberno Local ou Resolución de Alcaldía, variarse as datas e os prazos de presentación de solicitudes, así como a contía total destinada ó financiamento das axudas.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo