HOMENAXE A Dª AURORA QUELLE ABAD
Dentro dos actos programados polo noso Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, hoxe tivemos un dos máis emotivos. Como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª AURORA QUELLE ABAD, a persoa máis maior de Xove.
Aurora, quen aos seus 98 anos inda mantén unha presencia e unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores. Recordamos que as actividades do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora continúan, e deste xeito temos:
ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Mañá, Domingo, 8 de marzo:
-
- a partires das 17:30 horas no Salón de Actos, VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.
- Inauguración da EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo de 2015.