Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2015
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 18 e 19 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
_____SÁBADO, 18 DE ABRIL_______
-
-
-
-
-
-
- 13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.
- 17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena. A Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
_________DOMINGO, 19 DE ABRIL_________
-
- 10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “LEMBRANZA”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa e quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.