C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Conoce Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura
Turismo

Conoce Xove

Dende este apartado pódes coñecer  o noso concello que ten  abundante  paisaxe rural  pero tamén está  moi  mergullado coa  progresiva industrialización causada pola instalación da  factoría de Alúmina-Aluminio nos terreos de Lago.

#
Rutas Turísticas
Puntos Turisticos Virtuais
Patrimonio
Praias
Ocio

#

Inicio
Carácter
Orixe
Situación

Inicio

O Concello de Xove está situado no norte da provincia de Lugo, na costa da Mariña Occidental no Mar Cantábrico. Está formado por oito parroquias: Lago, Monte, Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas, Xove e Xuances.

senderista 2  Conta cunha poboación de  3500 habitantes, e cos seus 89 km2 limita cos concellos de Viveiro e Cervo. A estrada C-642, que percorre todo o litoral setentrional galego é a principal vía de comunicación do concello na costa de Lugo. Aínda que varias estradas secundarias conducen ao visitante a todos os puntos de interese dentro do noso concello.

A paisaxe de montaña atópase presente en montes como a Picañeiras, Castelo, Vela, que son os mais próximos ao mar, cara o Sur atopámonos o Gonzalvo, Belle, Pena de Golpe, Castoria, ou a Medela, sendo ou Pau dá Vella (705 m.) o de máis altura. Entre os cursos fluviais que drenan o Concello, están os rios Guilán e Rigueira.Xove posúe unha enorme riqueza de contornas, cunha costa de gran atractivo, con praias de areas brancas e augas turquesas, e cantís abruptos debido a que os montes chegan ata o litoral.

Para chegar a Xove está a carretera C-642, que recorre todo o litoral septentrional galego, é a principal vía de comunicación do concello na costa de Lugo. Ainda que varias carreteras secundarias conducen ó visitante a todolos puntos de interese. Cos seus 89 Km² e 3.531 habitantes, limita cos Concellos de Viveiro y Cervo.

A historia e modernidade de Xove fúndense nunha das súas máis recentes e concorridas edificacións: o Centro Cívico. Este é a un tempo, lugar de reunión popular, escenario de festividades;  praza e recinto do concello e cita obrigada de deportistas cuxas magníficas instalacións -piscina climatizada, ximnasio, pavillón de deportes, etc.- bríndanlles a posibilidade de practicar todo tipo de modalidades.

 

tomasmarioXove é sen dúbida sorprendente. Aquí naceu D. Tomás Mariño Pardo (1.798-1.880), gran precursor da aviación co seu Proxecto acerca da Navegación Aérea.

O municipio alberga o maior número de castros celtas censados na Mariña, dos que son expoñentes o de Illade, Sumoas e Coto dá Vea entre outros, e dos que nos quedan restos como a fíbula de aro partido achada en 1.939 no Castro de Vilar da parroquia de Xuances; expoñentes importantes do noso patrimonio artístico son os magníficos retablos dá as nosas igrexas, así como os Pazos da Rigueira e o da familia Villalba en Xove; dentro da arquitectura civil destacar o gran número de construcións populares que se conservan (casas, hórreos, fornos, pombais, etc.) e dentro das cales resaltamos especialmente o Hórreo da Barxa en Lago, traballado totalmente en pedra.

A todo isto hai que sumarlle un medioambiente moi coidado, con paisaxes e recunchos moi belos nos cales é posible practicar todo tipo de deportes náuticos (vea, surf, windsurf, etc.) e de interior (caza, pesca, sendeirismo, etc.)

 A continuación unha interesante reportaxe sobre o concello de Xove realizado por Vtelevisión sobre os Concellos de Galicia

 

Carácter

 

Este concello  ofrece ó  visitante a  posibilidade de disfrutar dun  fabuloso paisaxe de montaña na  parroquia de Monte, regada polo  río Loureiro no que  se atopa  a sorprendente cascada Pozo da Ferida.

Situase neste  punto de Xove o Pao da Vella, monte más alto do concello  con 705 metros de altura. roncadoiro

O de Xove é un litoral moi abrupto, mostra é a vista que  nos topamos na  parroquia de Portocelo  co  fermoso  faro de Roncadoiro. 

Otro punto elevado é o  monte Medela, que brinda unhas bonitas vistas de Xove. 

Descendiendo da  montaña, podemos atopar o fabuloso valle que forman as parroquias de A Rigueira, Xove y Sumoas; terras  fecundas bañadas por los ríos Guilán y Rigueira, no que se atopa a  Ruta dos Muíños, que o visitante pode percorrer e  contemplar, ademais dun  extraordinario paisaxe fluvial, oito  destas tradicionais  construccións (Muíños). 

  

E  continuando o noso  descenso topamos co mar: Xove dispón de preciosas praias  de aguas turquesas e  finos arenais  como as  de Lago, Portocelo e Esteiro. 

Posue ademais  unhs  increíbles acantilados escarpados que impresionan a cualquera  visitante.

 

 

 

Orixe

A orixe do nome de Xove parece provir dunha antiga Villa Iovii, ou Vila de Xúpiter, que tivo aquí un tempro ou altar despois da conquista romana, e que a xulgar polos numerosos enterramentos megalíticos desta zona, fainos crer que Xove é un lugar de antiquisima significación relixiosa.

Dado que no nome do Concello procede do Dios Xúpiter, que era una deidade romana moi importante, e posto que tamén podemos encontrar neste mesmo Concello o Monte Medela (346 m.); algúns identifican esta montaña co Monte Medulio, lugar donde aconteceu a batalla dos guerreros galaicos, cántabros e astures no ano 22 a.C. contra as lexións romanas de Caio Furrio e Publico Carisio, e donde os últimos guerreiros resistentes prefiriron suicidarse antes de rendirse ó invasor de Roma.

 


 Asi que, si decide visitar Xove, non deixe de subir ó Monte Medela, para votar on ollo ó paisaxe que aquelles valentes guerreiros contemplaron por última vez.Laughing

 


 

 

UNHA INTERESANTE WEB SOBRE O ORIXE DOS NOMES DOS DISTINTOS LUGARES DO TERRITORIO DE XOVE:

http://toponimiaxove.blogspot.com.es/

 

 

Situación

 Na Mariña lucense, e ás beiras do Mar cantábrico e co fondo da Estaca de Vares donde xa escomenza o oceano Atlántico está Xove, a continuación está un plano coa distribución das 8 Parroquias (Xove,Lago, Sumoas, Morás, Portocelo, Xuances, Rigueira e Monte) e tamén unha vista dende Google Maps  Eek

XOVE

Rutas Turísticas

Ruta de San Antonio
Camiño do Mar
Ruta dos Muíños
Ruta Pau da Vella
Pozo da Ferida
Faro de Roncadoiro

Ruta de San Antonio

O San Antonio
As 8 Rutas
A ventura
HiSToRiA

O San Antonio

A do San Antonio foi unha das romarías máis afamadas de toda a Mariña Lucense. Pero a partires da década dos setenta a perda de auxe foi continuada, ata a súa practica desaparición actual.

sanAntoniofoto

Á festa do San Antonio ían os mozos, e non tan mozos, andando. Centenares de romeiros chegaban a pé dende todas as parroquias e doutros municipios.

Ademais de divertírense, a xente acudía ao santuario do San Antonio por motivos relixiosos: pídeselle a este Santo que protexa aos animais domésticos que nos acompañan na nosa vida diaria, por necesidade ou por afecto; pídeselle tamén que os máis ricos e afortunados axuden e se conmovan dos máis necesitados; San Antonio tamén intercede para conseguir parella a aqueles que navegan sós polo mar da vida e lles gustaría realizar a súa singradura acompañados. Como vemos, este Santo é moi avogoso e dise que si se acode a el e se lle reza un Padrenuestro, concede favores inmensos. Recibe quizais por este motivo o sobrenome de San Antoniño Ventureiro. 

As Romarías: A palabra romaría significaba nas súas orixes “viaxe a Roma dos católicos”, o seu significado ampliouse e hoxe en día as romarías ou romaxes son festas populares nas que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos, e ó mesmo tempo tamén para xuntarse e divertírense*Do libro A Festa no Aire: Pérez Franco, Nelle e Sánchez Meitín, Lucía. Editado por Concello de Xove, 2006

O San Antonio: San Antonio morre en Padua o 13 de xuño de 1231 despois dunha longa enfermidade. Chamábase Fernando pero toma o nome de Antonio debido á súa admiración por San Antonio Abad, patrón dos animais. Era amado e invocado polo pobo humilde que vía nel un defensor dos máis pobres e necesitados. Accións coma a de loitar contra os máis ricos para que non cobraran intereses polos cartos que prestaban facíano gozar de unha gran popularidade entre a xente  máis necesitada. Tiña o poder de que os máis ricos se conmoveran e axudaran ós máis pobres. Tamén conseguía bos matrimonios.

San Antonio goza de gran popularidade na nosa comunidade. Era un santo moi avogoso e dicíase que si se lle rezaba un Padrenuestro concedía favores inmensos, quizais sexa esta a razón pola que recibe o sobrenome de San Antonio Ventureiro.

O San Antonio da Rigueira o 13 de xuño era, sen dúbida, a gran festa do municipio de Xove. A xente que viña de preto chegaba andando en grupos de veciños que xa aproveitaban o camiño para comezar a farra. Moreas de autocares chegaban dende todas as aldeas a primeiras horas da mañanciña.

A festa duraba todo o día, por iso era necesaria a boa comida como soporte do corpo e o bo viño para sustentar o espírito. Baixo estes dous principios fundamentais de toda festa, a xente cargaba con paxes e garrafas nos que levaban empanadas, tortillas, carne, viño, etc. Na festa do San Antonio cumpríase toda a estructura da festa patronal que vimos anteriormente pero ademais, dábase a particularidade de que as centos de persoas que viñan á misa aproveitaban os campos que había arredor da igrexa para comeren. Cada grupo de veciños estendía no prado unha saba vella, un mantel descolorido ou mesmo enriba da herba, para comeren sentados formando unha acampada multicolor que xuntaba á xente de todas as parroquias e incluso de outros concellos.

A festa era de forte transcendencia en toda a rexión, e non só polo número de persoas que congregaba o santo senón que moitos comerciantes aproveitaban a ocasión para ofrecer os seus servicios ós romeiros. Así, xuntábanse vendedores de comida, e bebida en numerosos botiquíns, e tamén viña o fotógrafo para inmortalizar a aqueles que quixeran un recordo da merendada dese ano. O fotógrafo tamén traía un decorado para aqueles que preferisen conservar un recordatorio máis simpático.

O sábado antes da feira de Galdo, normalmente o segundo sábado de xullo, celebrábase o denominado San Antonio Pequeno ou o día dos Romeiros. Este día a xente levaba os animais da casa a seren bendicidos polo santo, para que os protexera ou curara das enfermidades. Os animais que eran ofrecidos adoitaban ser aqueles dos que máis dependía a economía familiar; vacas, bois, becerros, cochos, cabalos, bestas, burros, etc.

 

Como vimos, nas romarías había unha forma orixinal de custear a festa mediante a doazón de víveres que despois se subhastaban entre os romeiros. Na Rigueira había catro cofradías: San Antonio, Santa Lucía, San Roque e as Ánimas. Cada cofradía tiña o seu estandarte e recadaba os seus propios fondos coas doazóns particulares dos romeiros. Na Rigueira contáronos que nun principio a festa na organizaba unha comisión senón que era o cura o que se encargaba. A razón era que o santo mobilizaba tanta xente que chegaban os cartos que se recadaban nas subhastas.

 Para ser Voluntario ou Voluntaria do San Antonio da Rigueira basta con querer participar dun xeito especial o día 13 de xuño nesta gran festa do municipio. Os Voluntarios levarán a cabo principalmente labores de Información aos romeiros e Selado de Carnés de Romaxe, distribuíndose dentro das 12 casetas repartidas ao longo do Concello.

 

 

 

 

As 8 Rutas

Como o mesmo termo de romaría indica, a do San Antonio era unha festa con carácter relixoso á que a xente acudía andando dende diferentes puntos de Galicia.Así, mediante o testimonio de numerosos informantes, o Concello de Xove logrou delimitar, sobor do mapa, as diferentes rutas que a romaxe empregaba para se achegar á capela do San Antonio na parroquia da Rigueira.

Dende o Laboratorio de Investigación Social do Concello de Xove, e a través de entrevistas persoais, o percorrido das oito rutas foi extraído da memoria dos informantes máis maiores do municipio; non contando, ata o ano 2011 con ningún tipo de sinal que as distinguise como zonas de peregrinaxe.

 

rutaSanAntonio

Ruta de A Vara:


  •    DISTANCIA: 12 KM.         DIFICULTADE: FÁCIL          TEMPO DE PERCORRIDO: 3 horas

 DESCRICIÓN: Esta ruta comeza en dous puntos diferentes para acabar no mesmo destino. O primeiro ramal comeza na aldea de Vilachá, sigue hacia San Cristovo e a Vara, onde se xunta co outro ramal que ven dende Ceranzos pasando por Prada. Segue por Toimil, a Torre, Lodeiro, Xove, Lamaboa, Palmeiro, Veiga, San Vicente, O Pazo, Ferrol, Pradovello, Ponte do Carro, e por fin a Igrexa de San Miguel da Rigueira, onde se celebra a Romaría do San Antonio o 13 de xuño.

 A DESTACAR:

ERMIDA DE SAN TIRSO: Castro cristianizado cuxos orixes se estiman anteriores á romanización da península ibérica. Parece probable que a súa cristianización se roduce no século VIII d.C., cando o antigo poboado indíxena é transformado polo Diácono don Rodrigo de Coimbra nun mosteiro, cuxa principal función consistiría en cohesionar baixo a relixión católica o reino asturiano (alá polo ano 780).

FARO DE RONCADOIRO: Constrúese no ano 1974 para mellorar o recoñecemento da ría de Viveiro, como luz de costa que enlazase o faro de San Cibrao e Estaca de Bares, dado que na zona se rexistraban un gran número de naufraxos. Este faro alumeou por vez primeira 25 de febreiro de 1984.

CABOZO DE VILACHÁ: De propiedade privada, é un dos hórreos máis grandes rexistrados en toda a mariña (de case dez metros de largo). Data do ano 1825, segundo a inscrición que figura nun dos piares.

CASTRO DE CERANZOS E PRADA: De orixe prerrománica, hai constancia que estas poboacións foron ocupadas polos conquistadores da península dado que na zona se atoparon útiles da vestimenta romana, como a fíbula de bronce achada no 1939 na parroquia de Xuances. 

IGREXA DE XUANCES: De tres naves de dous tramos e un cruceiro con cúpula e bóveda de aristas aos lados, a porta principal ten un escudo de pedra dos seus patrocinadores no ano 1698: os duques de Alburquerque.

ERMIDA DE SAN PEDRO FIZ: Pequena capela en plena ruta onde ten lugar a romaría ao San Pedro Fiz o día 30 de agosto. A partida máis antiga rexistrada para esta parroquia no arquivo histórico diocesano de Mondoñedo é do ano 1695.

 

 


 Ruta de Vilar-Lago

  • DISTANCIA: 16 KM.         DIFICULTADE: MEDIA                TEMPO DE PERCORRIDO: 4 horas

 DESCRICIÓN: Parte dende o lugar de Vilar en Lago, pasando pola Torre e indo cara Beltrán para pasar a Vila, A Abelá, Soutorredondo, Pazo e Ponte do Carro, chegando xa á igrexa de San Miguel, na que se celebra o San Antonio da Rigueira.

 A DESTACAR:

  • MUÍÑO DE PAULINO: Muíño hidráulico, de auga de río, situado ás marxes do río Rigueira.  
  • MONTE MEDELA:  “O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito á libre honrada chouza!”

 RUTA DOS CAINZOS

  • DISTANCIA: 10,5 KM.     DIFICULTADE: MEDIA       TEMPO DE PERCORRIDO: 3 horas

DESCRICIÓN: Comeza en dous puntos diferentes: O primeiro parte de Morás, na Aldea de Abaixo, pasando pola Aldea de Arriba en dirección Cabandela, punto de unión co outro camiño que comeza na aldea de Portocelo, indo a Vilapol e chegando a Cabandela de onde parten xuntos ata Fontaíña e máis tarde polos Caínzos, chega a Xove para despois ir a Lamaboa, Palmeiro, Veiga, San Vicente, O Pazo, Ferrol, Pradovello, Ponte do Carro, ata concluír na capela de San Antonio.

A DESTACAR:

      BALEEIRA DE MORÁS: A tradición baleeira da vila de Morás remóntase á Idade Media, contando con recoñecemento en todo o norte penínsular xa alá polo século XIII. A construción do edificio da baleeira que atopamos no Portiño data do ano 1964, e foi obra da empresa Massó Hermanos S.A., de recoñecida importancia no procesado dos produtos mariños. Hoxe en día propiedade da multinacional ALCOA.

      IGREXA DE MORÁS: Erguida en honor a San Clemente data do século XVIII. A partida máis antiga para esta igrexa rexistrada no arquivo histórico diocesano de Mondoñedo data do ano 1747.                                                       

      PRAIA E PORTIÑO DE PORTOCELO: De aproximadamente seiscentos metros de lonxitude, esta é unha praia tranquila de finas areas brancas, en forma de concha, con abundancia de flora e fauna mariñas.

      CASTRO COTO DA VELA: Preto de pronunciados acantilados, o monte Coto da Vela, con 157 metros de altura, era un lugar estratéxico para os antigos moradores destes poboados. 

      IGREXA DE SUMOAS: Pénsase que as súas orixes remóntanse ao século VIII. Formaría parte, ao igual ca ermida de San Tirso de Portocelo, de dous dos mosteiros fundados polo Diácono don Rodrigo de Coimbra. Esta igrexa está dedicada ao patrón da parroquia que é San Esteban. IGREXAMORAS

 


  RUTA DE PENASAGUDAS

  •  DISTANCIA: 7,2 KM DIFICULTADE: FÁCIL TEMPO DE PERCORRIDO: 2 horas

 DESCRICIÓN: Parte de Penasagudas dirección Casal do Conde, indo por Vilariño, as Cancelas,o Torrillón ata chegar á Igrexa do San Antonio da Rigueira.

 A DESTACAR:

 IGREXA DE MONTE: A igrexa de Monte é unha das máis antigas do municipio de Xove xa que data do século XVI. Pese a que foi reformada no ano 1966, conserva dúas antigas pilas bautismais e un retablo rococó do século XVIII.                                         

 PASTIZAL LAXAMOURA: Preto do inicio desta ruta atopamos un magnífico entorno natural, composto polos pastizais pertencentes á Comunidade de Propietarios Costa de Laxamoura, Comunidade que agrupa a moitos dos veciños de San Isidoro de Monte. Transcorre por este territorio o “Sendeiro Circular Monte Pau da Vella” de once quilómetros aproximadamente, e que ten como punto central o Monte Pau da Vella (que, cos seus 702 metros, constitúe o punto máis elevado do territorio xovense), fronteira natural de Xove, onde conflúe con outros tres municipios: Viveiro, Cervo, e Ferreira do Valadouro.

FERVENZA DO POZO DA FERIDA: Esta fervenza natural ten unha caída vertical de máis de trinta metros, e fórmase no río Loureiro. Danse nesta zona toda unha serie de pequenos torrentes de auga, así como a formación dunha marabillosa lagoa natural, a cal, deu lugar a toda clase de lendas. Así, contan as avóas que a esta lagoa acode cada mañá de San Xoan (24 de xuño) unha fermosa rapaza a lavar os seus longos cabelos dourados. Dice a lenda que aqueles que contemplen o reflexo do primeiro raio de sol desta mañá na lagoa, poderán tamén contemplar a rapaza e pedirlle un desexo, que esta ha de concederlles.  


 RUTA DO CRUCEIRO

  •  DISTANCIA: 6 KM.  DIFICULTADE: FÁCIL   TEMPO DE PERCORRIDO: 1 horas

DESCRICIÓN: Parte de O Cruceiro, pasa por Parceiros e únese no punto de Lamaboa coa Ruta de A Vara, ata ir parar á igrexa de San Miguel, onde se celebra o San Antonio da Rigueira.

A DESTACAR:

CAPELA DE SAN VICENTE: Ademais da igrexa parroquial, na Rigueira aínda se consevar unha serie de pequenos templos relixiosos. ESte é o caso da capela de San Vicente, situada no lugar do mesmo nome

O PAZO: De propiedade privada, esta construción posúe capela propia, dedicada á Virxe dos Dolores. A casona, que se situada dentro da gran finca delimitada, remóntase ao século XV, e foi propiedade do Mariscal don Pedro Pardo de Cela. Tempo despois, foi adquirida polos Almuiña, unha acaudalada familia mindoniense.

MÁMOA DO PAZO: Dentro do territorio do municipio xovense hai constancia dun grande número de enterramentos megalíticos. Datadas entre o ano 3500 e 1500 a.C. estas construcións funerarias están compostas por un dolmen, ou anta, cuberto por un montículo de terra de planta circular e de arredor de cinco metros de altura. 


 RUTA DE TRASBAR

DESCRICIÓN: Procedente do veciño municipio de Cervo, estas dúas rutas converxen no punto de Labradela, xa na parroquia de A Rigueira. Os dous ramais que conflúen descríbense de seguido: 

*RUTA DE CASTELO: 

  • DISTANCIA: 13 KM DIFICULTADE: MEDIA   TEMPO DE PERCORRIDO: 3,5 hora

DESCRICIÓN: Parte do veciño municipio de Cervo, da parroquia de Castelo, e introdúcese no municipio de Xove, indo ata Labradela, a Lamas e chegando á Ponte do Carro, ata a igrexa de San Miguel, onde se celebra a Romaría.

 DESTACAR:

CASTRO DE CASTELO: Que, xunto co castro de Rueta, testifica a antigüidade dos asentamentos no concello veciño de Cervo.       

RÍO COBO: No que se localiza unha antiga ponte romana 

CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE SARGADELOS: Onde destacan importantes edificios como a igrexa de Sargadelos, exemplo de arquitectura neoclásica, o Pazo de Ibáñez, e a Casa Rectoral 

*RUTA DE TRASBAR

  • DISTANCIA: 12 KM.DIFICULTADE: FÁCIL  TEMPO DE PERCORRIDO: 3 horas

DESCRICIÓN: Parte do veciño municipio de Cervo, das parroquias de Rúa e de San Román de Vilastrofe, pasa por Trasbar e segue ata a parroquia xovense de A Rigueira, no lugar de Labradela, onde se une á Ruta de Castelo.

 A DESTACAR:

 RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO XUNCO: Máis ao norte, hacia Sargadelos, sitúanse máis dunha ducia deste tipo de construcións, en bastante bo estado de conservación; todas elas, serviron para, mediante o aproveitamento da forza da auga do río Xunco, producir diferentes fariñas para o consumo.     

IGREXA DE SAN ROMÁN: Dedicada á Virxe do Pilar, que se celebra o 12 de outubro, esta construción relixiosa data do século XVIII. Na mesma parroquia atópase a capela da Caridade. 

CRUCEIRO DO ADRO: Situado na parroquia de San Román de Vilastrofe. 

IGREXA DE SANTA MARÍA DE RÚA: Que data do século XVIII.

CRUCEIROS DE RÚA: Nomeados: Crucero de Graña, Crucero de Couto e Crucero de Pedrosa.

MUÍÑO DA PONTE DO CARRO OU DE MEIXIDE: Muíño de auga situádo á beira do Río Rigueira, foi o muíño da parroquia da Rigueira cuxo uso se mantivo     ata hai poucos anos.                           

 


RUTA DE CURRO DE NAIA

  • DISTANCIA: 10 KM.DIFICULTADE: MEDIA-DIFÍCIL  TEMPO DE PERCORRIDO: 2,5 horas

DESCRICIÓN: Parte de dous puntos iniciais distintos; un deles sae dende o limítrofe concello de Viveiro, concretamente de Silvoroso, indo cara o lugar de os Cortellos e Ventoselle, na parroquia xovense de A Rigueira, onde se xunta co outro ramal que parte dende Celeiro, indo por Guilán, Rivas, Abelleira, Curro de Naia, Cortellos e Ventoselle, ata chegaren á igrexa de San Miguel, onde se celebra a Romaría do San Antonio.

A DESTACAR:

CASTRO DE CELEIRO: Primeiras testemuñas da antigüidade desta vila mariñeira. Estas construcións castrexas aparecen nesta zona a partires do século VII a.C. e permanecen ata despois da conquista romana.IGREXA DE SANTIAGO DE CELEIRO: Comeza a súa contrución no ano 1662 se por orde do maestro de obras Juan de Ruiz. Existe unha capela que era destinada a porporcionar albergue e curar aos enfermos que se dirixían a visitar o sepulcro do Apóstolo Santiago, a súa fundación atribúeselles aos irmáns Juan y Gregorio Pardo, veciños desta parroquia, o padroádego recae posteriormente no Bispo de Mondoñedo.   

CAPELA DE SAN ROQUE: Fronte ao mirador de San Roque e a área recreativa, situados no monte que leva o mesmo nome, atopamos esta pequena capela, construída no século XVI en honor de San Roque, que foi declarado patrón de Viveiro por ser o Santo protector contra a peste, por unha epidemia que padeceu o pobo no 1598.

 IGREXA DE SAN MIGUEL DA RIGUEIRA: Lugar de recepción para todos os romeiros do San Antonio. Esta igrexa consta de tres naves, un pórtico e unha única torre para o campanario. Este templo conta, ademais, coa partida máis antiga rexistrada no arquivo histórico diocesano de Mondoñedo para o municipio de Xove: data do ano 1616 

 

A ventura

A Ventura é un documento que se entrega a todos aqueles romeiros que desexen realizar a pé, a cabalo ou en bicicleta algunha das oito rutas á ermida do San Antonio da Rigueira (unha parte ou completa).

Na Ventura aparece o nome do romeiro ou romeira, o punto de saída, e a ruta pola que transita a súa romaría. Por iso esta acreditación se entrega de forma persoal a todos aqueles que queiran alcanzar o favor dun Santo tan avogoso coma o San Antonio da Rigueira, coñecido fora das nosas fronteiras como O Ventureiro.

 

 VENTURA 2011

Para gañar a Ventura o 13 de xuño, día de San Antonio, os romeiros deben presentar, ao chegaren á capela na Rigueira, o Carné de Romeiro correspondentemente selado. Para obter o Carné de Romeiro ponden anotarse con anterioridade no Laboratorio de Investigación Social do Concello de Xove, indicando o seu punto de partida; ou tamén poderán recollelo na primeira caseta de control de romaxe que atopen na súa Ruta, indicando alí cal foi o punto de partida.

O Carné de Romeiro deberá presentar todos os selos que correspondan ao percorrido do romeiro ou romeira que o porte. O contron da romaxe farase nas casetiñas de madeira situádas á beira dos camiños (algunhas destas casetas son fixas, e outras serán móbiles, non coñecendo os romeiros a súa ubicación ata o día 13 de xuño); alí un voluntario do San Antonio selará o carné.

Os certificados de romaxe ou Venturas dintinguiranse en certificados de máis de 5 km. e de menos de 5 km. pola cor, outorgándolle unha cor distinta a aqueles que veñen dende máis lonxe.

Si finalmente se desexa que á chegada á Ermida da Rigueira se acredite que se ten realizado a romaxe e recibir a Vetura, é preciso ter peregrinado, como mínimo, dende a Ponte do Carro, lugar onde está ubicada a última caseta de control de romaxe.

Na última parada antes da igrexa (Ponte do Carro) selarase o certificado por última vez debendo quedar completo; así, á chegada á igrexa o romeiro ou romeira recibirá a Ventura e unha azucena ou lirio blanco.

 

 

O San Antonio da Rigueira está representando pola imaxe dun rapaz imberbe cun amplio hábito da Orde Franciscana de cor marrón, de pé e sostendo nun brazo ao neno Xesús, e na outra man unha azucena ou lirio de San Antonio (símbolo da pureza dende o século XV). Cóntase que na súa xuventude, San Antonio tivo unha forte tentación á pureza do seu corazón, que foi vencida con penitencia. Por isto, ademais de significar a virtude da pureza, os lirios representan o triunfo sobre a tentación.

Na tradición cristiá en xeral, o lirio é símbolo de amor virxinal, e na imaxe do noso Santo, a flor simboliza o amor de San Antonio completamente consagrado a Deus.

É, en difinitiva, unha representación do Amor Puro, un dos favores polo que é recoñecido o San Antoniño da Rigueira.

 


 

HiSToRiA

logoSanaotonioNegativo

San Antonio goza de gran popularidade na nosa comunidade. Era un santo moi avogoso e dicíase que si se lle rezaba un Padrenuestro concedía favores inmensos, quizais sexa esta a razón pola que recibe o sobrenome de San Antonio Ventureiro.

O San Antonio da Rigueira o 13 de xuño era, sen dúbida, a gran festa do municipio de Xove. A xente que viña de preto chegaba andando en grupos de veciños que xa aproveitaban o camiño para comezar a farra. Moreas de autocares chegaban dende todas as aldeas a primeiras horas da mañanciña.

A festa duraba todo o día, por iso era necesaria a boa comida como soporte do corpo e o bo viño para sustentar o espírito. Baixo estes dous principios fundamentais de toda festa, a xente cargaba con paxes e garrafas nos que levaban empanadas, tortillas, carne, viño, etc. Na festa do San Antonio cumpríase toda a estructura da festa patronal que vimos anteriormente pero ademais, dábase a particularidade de que as centos de persoas que viñan á misa aproveitaban os campos que había arredor da igrexa para comeren. Cada grupo de veciños estendía no prado unha saba vella, un mantel descolorido ou mesmo enriba da herba, para comeren sentados formando unha acampada multicolor que xuntaba á xente de todas as parroquias e incluso de outros concellos.

A festa era de forte transcendencia en toda a rexión, e non só polo número de persoas que congregaba o santo senón que moitos comerciantes aproveitaban a ocasión para ofrecer os seus servicios ós romeiros. Así, xuntábanse vendedores de comida, e bebida en numerosos botiquíns, e tamén viña o fotógrafo para inmortalizar a aqueles que quixeran un recordo da merendada dese ano. O fotógrafo tamén traía un decorado para aqueles que preferisen conservar un recordatorio máis simpático.

O sábado antes da feira de Galdo, normalmente o segundo sábado de xullo, celebrábase o denominado San Antonio Pequeno ou o día dos Romeiros. Este día a xente levaba os animais da casa a seren bendicidos polo santo, para que os protexera ou curara das enfermidades. Os animais que eran ofrecidos adoitaban ser aqueles dos que máis dependía a economía familiar; vacas, bois, becerros, cochos, cabalos, bestas, burros, etc.

Como vimos, nas romarías había unha forma orixinal de custear a festa mediante a doazón de víveres que despois se subhastaban entre os romeiros. Na Rigueira había catro cofradías: San Antonio, Santa Lucía, San Roque e as Ánimas. Cada cofradía tiña o seu estandarte e recadaba os seus propios fondos coas doazóns particulares dos romeiros. Na Rigueira contáronos que nun principio a festa na organizaba unha comisión senón que era o cura o que se encargaba. A razón era que o santo mobilizaba tanta xente que chegaban os cartos que se recadaban nas subhastas.

Camiño do Mar

Unha ruta transitada para o Camiño de Santiago, e que aspira a ser considerada Ruta Xacobea, é a que aínda que para chegar a Santiago dende a consta cantábrica é mais doado facelo polo interior da provincia, pasando por Mondoñedo   ainda que foi seguida  por peregrinos máis aventureros, como  o veneciano Bartolomé Fontana, que no seculo XVI  fixo ese  recorrido, con más de media ducia de hospitales para andariegos, iglesias e monasterios. 

Esta ruta que continúa  polo mar  e que vai dende  Ribadeo / Espiñeira /  Foz  / Xove /  Viveiro / As Pontes / Betanzos,  e xa definitivamente a chegada a Santiago. 

 

 

 

 

caminoMarLogo
 
 
O Camiño do Mar, entra a partires de aquí xa no veciño termo municipal de Viveiro...
¡O CONCELLO DE XOVE DESÉXALLES UNHA ESTANCIA AGRADABLE E UN BO CAMIÑO!Smile
 
caminoMar

 

 

Enlace do Camiño do Mar, á visión satélite do seu transcorrer polo termo municipal de Xove:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2987951

 

 

 

 

 





 

Ruta dos Muíños

Ruta que percorre os bordes do río Rigueira dende A Ponte do Carro ata Regosangüento na mesma parroquia da Rigueira.

Este itinerario de sete quilómetros ofrece a oportunidade de gozar de excursións a través dunha marabillosa paisaxe fluvial onde ademais nos atoparemos durante todo o seu percorrido con oito muíños tradicionais.

ruta muiNos

Iníciase esta,  na Ponte da Barxa, ponte que cruza o Rio Rigueira, rio que nos marcará todo o carreiro; podemos dicir que a ruta, desde o inicio ata o final, non atravesa centro urbano algún, pasando como moito nalgún caso preto dalgunhas casas do medio rural e discorrendo no seu maior parte por medio de prados e bosques, o que fan da mesma un percorrido moi atractivo. Dos 7 muíños que comprende esta Ruta, 3 pertencen á Parroquia de Lago e 4 están situados na Parroquia da Regueira; se facemos un percorrido desde o inicio, a orde en que están situados os muíños é o seguinte: Muíño de Calvela, Muíño de Paulino, Muíño da Cotarela, Muíño de Pena Curva, Muíño de Villarquide, Muíño de Meixide e Muíño de Ponche do Carro; un pouco máis adiante deste último muíño atópase a nova Ponche do Carro que é o final da Ruta e na cal podemos aproveitar para ver a fermosa Igrexa Parroquial da Rigueira que se atopa a 100 metros escasos desta ponte.

 Evidentemente non é unha estrutura decorativa, tendo xa nas súas orixes unha clara funcionalidade que é a de moer o gran; trátase dunha edificación de tamaño variable, segundo o caso, que no seu interiorcontiene unha serie de dispositivos que permiten triturar o gran (maiz, trigo, centeo, etc.) e convertelo en fariña. En xeral, podemos falar de 4 clases de muíños: muíños movidos coa man (son os máis antigos), muíños de maré que funcionan co fluxo e reflujo das mareas, muíños de vento e muíños de auga de rio que son os que aquí nos ocupan xa que todos os muíños que figuran no proxecto pertencen a esta clase e nútrense das augas do Rio Rigueira. A partir do muíño de man, o home foi desenvolvendo distintas clases de muíño coas que cada vez podía moer máis cantidade de gran con menor esforzo.

No que á estrutura, tamaño e dependencias dos muíños refírese, isto está relacionado coa localización, réxime de propiedade e condicións xeolóxicas da zona; hai que ter en conta se o propietario é ou non podente, se estamos en zona de boa ou mala pedra, etc. Como norma xeral para Galicia e en particular para a Comarca da Mariña, a estrutura construtiva na maioría dos casos é moi sinxela e elemental ao contar con paredes de cachotería basta, de pouca calidade, que, como moito, pódense ver reforzadas nos ángulos esquinales con pedras grosas toscamente traballadas.

Que os muíños de auga abunden na Comarca da Mariña (e por suposto tamén en Xove) e en toda Galicia non é de estrañar xa que son moitos os rios, regachos e regatos que asucan toda a terra galega e que posibilitaron na súa dia que todo o territorio fose cuberto por muíños, na súa maioría, de auga; dentro destes, podemos distinguir entre os de rodicio horizontal, ao que pertencen todos os muíños do presente proxecto, e os de aceas, aínda que destes últimos non se conserva ningún na Comarca.

Os muíños de auga necesitan todos moita auga para moer debido ao gran tamaño da suas moas (pedras redonda cun buraco no centro que son as que serven para machucar o gran), o que fai que aumente a calidade da fariña; logicamente, a mellor época de aproveitamento dos muíños sería desde o outono á primavera, que é cando máis auga leva o rio; tamén canto maior é a moi mellor queda triturado o gran.

Dentro da clasificación dos muíños de auga aínda temos outra subclasificación: muíños de cubo ou presa e muíños de canle; os muíños de cubo ou presa almacenan a auga nunha pequena presa e logo vana soltanto cando a necesiten, sendo un exemplo deste tipo o Muíño de Paulino; os muíños de canle levan a auga a través dunha canle directamente ata as pas do rodicio, sendo o ?Muíño de Penacurva? un muíño deste tipo.

No que ás partes do muíño refírese, a continuación achegamos un gráfico extraido do citado libro de José María Leal e que en lineas xerais correspóndese coa tipoloxía dos 7 muíños que propuxemos no presente proxecto.

Para rematar, ímonos a referir ao muíño como núcleo das relacións sociais da aldea. Se o muíño tivo unha gran importancia no económico, non menos fué a súa importancia no social como verdadeiro núcleo sobre o que viraban as relacións das xentes da parroquia,

fundamentalmente os mozos; dado que polo dia o campesiño e a súa familia tiñan que labrar a terra, a tarde noite convertíase no único tempo libre que se posuía para moer; o folclore galego recolle na súa tradición moitas costumes relacionados coas actividades dos muíños así como as prácticas amorosas a que daban pié estas actividades, xa que ao ir de noite, estas situacións convertíanse en ocasións propicias para os encontros amorosos.

É claro que este proxecto de creación da Ruta dos Muíños pretende, ademais do aspecto lúdico e de concienciación ambiental que xa citamos, crear un espazo físico de encontro para todo tipo de xentes, novas, visitantes, etc., e ao mesmo tempo, pór a disposición pública un espazo e unhas estruturas (os muíños) que nos recorden como era a vida noutros tempos, preservando, na medida do posible, estes espazos como memoria histórica para as xeracións vindeiras.

Ruta Pau da Vella

Esta Ruta, que inda non está totalmente sinalizada, foi proposta pola Asociación de Mulleres "Bolboretas" de Xove en marzo do 2006.  Trátase dun proxecto medoambiental dende o principio, onde se tivo en conta o gusto actual, tanto das Bolboretas coma do público en xeral, pola práctica do sendeirismo, dahí que enfocaran o seu traballo á creación dunha ruta.

 paudavella444

 Antes de decidir o traxecto, adicáronse a percorrer todo o Término Municipal, decantándose ao final por unha das zoas máis bonitas do noso Concello, concretamente a zoa máis meridional, na Parroquia de San Isidoro de Monte, lugar polo que transcurre a totalidade da nova ruta.

Despois dunha intensa exploración de campo, pasaron ao deseño da ruta, que elas denominaron "Sendeiro Circular Monte Pau da Vella", o cal ten o seu inicio diante do Centro Social de Penasagudas, lugar onde hai ubicado un gran panel que describe o sendeiro. A ruta, cun total de 11´25 kilómetros, discurre na súa maior parte polos camiños comunais dos pastizais da Comunidade de Propietarios Costa de Laxamoura, Comunidade que agrupa á práctica totalidade dos veciños de San Isidoro de Monte. Dahí que as Bolboretas recabaran a colaboración de Laxamoura, cuxa Directiva colaborou con todo o que as Bolboretas lles solicitaron. O punto central da ruta é o Monte Pau da Vella, lugar onde conflúen catro Concellos (Xove, Viveiro, Cervo e Ferreira do Valadouro) e que lle dá nome ao sendeiro.

Definido o proxecto, e a ruta perfectamente pergueñada, as Bolboretas dirixíronse ao Concello de Xove e a Alcoa en busca de colaboración e patrocinio; tanto o Concello como Alcoa aceptaron apoiar este proxecto, o Concello financiando  parte da sinalización (un gran panel e 1 sinal) cunha inversión cercana aos 1.500 €uros, e Alcoa cunha aportación de 3.000 dólares.

O pasado 19 de outubro tivo lugar o acto oficial de apertura deste sendeiro, acto no que participaron diversas autoridades: o Alcalde de Xove , Demetrio Salgueiro acompañado de membros da Corporación, o Director de Alcoa D. José Manuel Alvarado, Directivos de Laxamoura, e, loxicamente, a Directiva da Asocicación Bolberatas. Non nos queremos olvidar dos numerosos voluntarios de Alcoa que participaron na limpeza da ruta e sinalización da mesma, sinalización que, por certo, se vai a completar no vindeiro mes de novembro.

Por parte da Asociación Bolboretas, como organizadora e impulsora desta ruta, quéreselle agradecer publicamente o apoio e colaboración a este proxecto ás seguintes institucións e entidades: Concello de Xove, Alcoa España, Comunidade de Propietarios Laxamoura  e voluntarios de Alcoa.

 

Pozo da Ferida

Unha impresionante cascada natural con una caída pura vertical de más de 30 metros de altura, formada polo  río Xudreiro, afluente do  Landro e  ubicada nun fermoso  entorno natural.  

 


 

POZO DA FERIDA

Faro de Roncadoiro


Para mellorar  o recoñecemento da ría de Viveiro e como luz de costa que enlazase os faros de San Cibrao e Estaca de Bares, decidiuse construír o Faro de Roncadoiro o 24 de xullo de 1974, data na que a Dirección Xeral de Portos autoriza un orzamento de 3.688.000 Ptas.
Alumeou por primeira vez o 25 de febreiro de 1984 con carácter provisional e de novo, pero xa de forma definitiva, o 10 de abril de 1986.
faroRoncadoira

Dado el escarpado litoral de la costa de Xove, para mejorar el reconocimiento de la ría de Viveiro y como luz de costa que enlazara los faros de San Cibrao y Estaca de Bares, se construyó el faro de Roncadoiro en 1984 en la parroquia de Portocelo. Este faro situado en la punta que lleva el mismo nombre ofrece al visitante un maravilloso paisaje marítimo.

Moi cerca do Faro están las RUINAS DA ERMIDA DE SAN TIRSO      

Esta capela quedou en desuso nos anos 30 do século pasado, cando se rematou a construción da actual igrexa da parroquia en Vilachá. Hoxe en día en ruinas, San Tirso ofrece unhas vistas extraordinarias da entrada da enseada de Portocelo e da Illa Sarón. Segundo a lenda, o corpo descuartizado do Santo, chegou ata o mesmo acantilado onde se atopa a capela nunha barca de pedra, que se pode contemplar ao baixar a marea no rompente do mar.
 
 
Ruinas de San Tirso

Puntos Turisticos Virtuais

PaNoRáMiCaS
Rutas de San Antonio
Praias
Centro Cívico

PaNoRáMiCaS

Miradoiro Punta de Roncadoiro
Mirador Monte Medela
Miradoiro Monte Castelo

Miradoiro Punta de Roncadoiro

Vistas dende o cantil de Roncadoiro, no que se atopa o faro construído dende 1974 e que alumeou por vez primeira en 1984 

Mirador Monte Medela

Situado a 346 metros de altura, identifícase co famoso Monte Medulio, onde os últimos guerreiros galaicos se suicidaron antes de entregárense ás tropas romanas.

Miradoiro Monte Castelo

Neste mirador situado sobre do Faro Roncadoiro atópanse dous bancos para contemplar as impresionantes vistas, ademais da Pena Sombreireira, unha cova natural que encerra centos de lendas.

Rutas de San Antonio

Ruta do Cruceiro
Ruta da Vara
Ruta dos Cainzos
Ruta de Lago
Ruta de Beltrán
Ruta de Castelo-Trasbar
Ruta de Penas Agudas
Ruta de Curro de Naia
Ruta Pau da Vella
Pozo da Ferida

Ruta do Cruceiro

RUTA DO CRUCEIRO:DISTANCIA: 6 KM.  DIFICULTADE: FÁCIL   TEMPO DE PERCORRIDO: 1 horas  

Ruta da Vara

RUTA DA VARA: DISTANCIA: 12 KM. DIFICULTADE: FÁCIL.-  TEMPO DE PERCORRIDO: 3 horas

Ruta dos Cainzos

  RUTA DOS CAÍNZOS:DISTANCIA: 10,5 KM. DIFICULTADE: MEDIA. TEMPO: 3 horas

Ruta de Lago

RUTA DE LAGO: DISTANCIA: 16 KM. DIFICULTADE: MEDIA  .- TEMPO DE PERCORRIDO: 4 horas

Ruta de Beltrán

RUTA DE BELTRÁN:DISTANCIA: 16 KM. DIFICULTADE: MEDIA  TEMPO DE PERCORRIDO: 4 horas

Ruta de Castelo-Trasbar

RUTA DE CASTELO-TRASBAR:DISTANCIA: 12 KM.DIFICULTADE: FÁCIL. TEMPO DE PERCORRIDO: 3 horas

  

Ruta de Penas Agudas

RUTA DE PENASAGUDAS: DISTANCIA: 7,2KM.  DIFICULTADE: FÁCIL TEMPO DE PERCORRIDO: 2 horas  

Ruta de Curro de Naia

  DISTANCIA:10 Km. DIFICULTADE:MEDIA-DIFÍCIL  TEMPO DE PERCORRIDO:2,5 horas

Parte de dous puntos iniciais distintos; un deles sae dende o limítrofe concello de Viveiro, concretamente de Silvoroso, indo cara o lugar de os Cortellos e Ventoselle, na parroquia xovense de A Rigueira, onde se xunta co outro ramal que parte dende Celeiro, indo por Guilán, Rivas, Abelleira, Curro de Naia, Cortellos e Ventoselle, ata chegaren á igrexa de San Miguel, onde se celebra a Romaría do San Antonio.-

SITUACIÓN...

 

 

Ruta Pau da Vella

 Situado na Serra do Buio, está a 705 metros de altura, que coincide co punto máis alto de Xove. A ruta conta con 12 kilómetros de lonxitude 

SITUACIÓN:

 

 

Pozo da Ferida

Impresionante fervenza de máis de trinta metros de altura, atópase no río Loureiro, o principal afluente do río Rigueira 

SITUACIÓN:

Praias

Praia de Lago
Praia do Portiño
Praia de Portocelo
Praia de Muiñelo
Praia de Esteiro

Praia de Lago

Praia de area fina e branca, con ondas tranquilas. Dispón de todos os servizos 

 

 Situación:

 

Praia do Portiño

Pequena praia de ondas tranquilas, situada nunha contorna portuaria. Na súa marxe dereita estivo durante cincuenta anos a baleeira de Morás, construída no 1965 e derrubada no ano 2015. 

Praia do Portiño:

Praia de Portocelo

praia de portocelo Tranquila e senlleira praia de area branca e fina, sen ondas conta cunha gran abundancia de vexetación e fauna mariña. Preto están as ruínas da igrexa San Tirso, un castro cristianizado no século VII d. C. polo diácono don Rodrigo de Coimbra.

 

Situación:

 

Praia de Muiñelo

Pequena cala que presenta area só algúns meses ao ano, de augas turquesas e de ondas suaves, cuxos accesos foron renovados recentemente.

Situación da Praia de Muiñelo:

Praia de Esteiro

Gran areal moi pouco urbanizado e cun conxunto de dunas ideais para tomar o sol. Conta con bandeira azul e está considerada coma unha das mellores para a práctica do surf da zona, deporte do que se ofrecen clases .

Situación:

 

Centro Cívico

Inaugurado no ano 1990, este conxunto arquitectónico moderno concentra a maior parte dos servizos públicos municipais: piscina, polideportivo, ximnasio, biblioteca, salón de actos, sala de exposicións, e Concello.-

Situación:

 

    
   

 

 

 

 

 

 


  

 

 

 

Patrimonio

arquitectura popular
igrexas

arquitectura popular

O Concello de Xove ten unha gran riqueza popular repartida entre todas as parroquias, entre as que destacamos: As Mámoas (enterramentos datados entre o 3500-1500 a.c.) de Monte, A Rigueira, Xove e Xuances.

Os Castros situados en Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas e Xuances; cabe mencionar a Fíbula de bronce atopada no castro de Vilar (Xuances) no ano 1939, peza usada nos séculos I-IV d.c. para unir e suxeitar as pezas de vestir.

 

Casa de Villalba: Casa indiana, construída na zona antiga do centro urbano de Xove. Presenta elementos arquitectónicos puramente foráneos como son a torre de cristal e o recinto axardinado que a rodea.

O Pazo: Vivenda señorial, é un casarón situado dentro dunha leira delimitada. Esta construción palatina pode remontarse ao S. XV e pertenceu ao Mariscal don Pedro Pardo de Cela; sendo despois adquirido por unha adiñeirada familia mindoniense: os Almuíña. O Pazo posúe algunhas construcións auxiliares integradas na estrutura principal como o alpendre, hórreo, capela.



Entre as cruces e cruceiros máis significativos destacan  os cruceiros de Morás e Vilachá.

Cabozo da Aira (Barxa-Lago): Única peza construída totalmente de pedra.

 

 

 

 

 

 

igrexas

  • IGREXA DE XOVE: Tres naves, campanario con dúas campás, unha porta principal na que se conserva unha inscrición de 1694, posúe no seu interior un retablo principal de finais do S. XVII e outro renacentista do S. XVI situado na sancristía. O patrón celébrase o 24 de agosto San Bartolomé.
  • IGREXA DE SUMOAS: S. XVIII e consta de tres naves, pórtico e campanario dunha torre con dúas campás e acceso exterior. O patrón de é San Esteban (26 decembro).
  • IGREXA DE XUANCES: A porta principal ten un escudo de pedra dos duques de Alburqueque que patrocinaron as obras no ano 1698. Conta con tres naves de dous tramos, e un cruceiro con cúpula e bóveda de arestas aos lados.
  • igrexaXuances
  • IGREXA DE MORÁS: En honra a San Clemente (23 novembro), datada do S. XVIII. Desde este templo, os veciños baixan as imaxes en procesión ata o Portiño no mes de xuño para homenaxear á Virxe do Carmen. Posúe unha nave principal e dúas secundarias, unha torre e dúas campás. No interior, destaca un retablo barroco considerado de gran importancia artística.

moras

    • IGREXA DE LAGO: Con tres naves, presbítero, sancristía e torre con dúas campás con acceso exterior, alberga retablos de gran interese artístico. A patroa é Santa Eulalia (10 decembro). Datada do S.XVII

 

lago

  • IGREXA DE PORTOCELO: É a máis recente do noso municipio, construída no 1928. Consta de nave central cun altar principal e dous secundarios, unha torre para albergar o campanario con dúas campás. O patrón de Portocelo é San Tirso o 28 de xaneiro.
  • IGREXA DA RIGUEIRA: Consta de 3 naves, un pórtico e unha torre para o campanario, onde se atopan dúas campás. O trece de xuño, ten lugar nesta igrexa unha da Romarías máis importantes da Mariña: O San Antonio (aínda que o patrón desta igrexa é San Miguel- 29 setembro).

 

rigueira
CAPELAS: Capela de Almizote (entre as parroquias de Algo e Sumoas). Ermida de San Vicente e capela do Pazo (Rigueira). San Pedro Fiz (Xuances).


RUÍNAS DE SAN TIRSO: Na parroquia de Portocelo, construción relixiosa que leva máis dun século en desuso pero os que se acheguen ata elas poderán gozar se unha asombrosa paisaxe.

  • IGREXA DE MONTE: Unha das máis antigas, datada do século XVI. Conserva dúas antigas pilas bautismales e un retablo rococó do século XVIII. O patrón da parroquia é San Isidoro (4 abril).

 

UNHA INTERESANTE WEB SOBRE O ORIXE DOS NOMES DOS DISTINTOS LUGARES DO TERRITORIO DE XOVE:

http://toponimiaxove.blogspot.com.es/

Praias

@
O Portiño
Muiñelo
Lago
Portocelo
Esteiro

@

 

O Concello de Xove dispón das meiores praias de auga cristalina e pura da Costa Lucense, algúnhas delas aptas para o surf, e outras para practicar deportes náuticos;  como a praia de Esteiro, donde durante o verán impártense cursos de surf.

 

 
 PANORÁMICA DA ILLA DE SARÓN:Dende a capela de San Tirso tamén se pode contemplar a Illa de Sarón, que coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (alcanza os 80 metros de altitude) e abrupta, con acantilados produtores de percebe e varias áreas de cría de aves mariñas. Sitúase na costa da parroquia de Morás cunhas coordenadas de 43º 43´ 46.81”N, e 07º 29´ 20.07”O, frente ás enseadas das Salseiras.
Nos arredores da illa alcánzanse unhas profundidades que van dende os 11 aos 15 metros.
 
 
 RUINAS DA ERMIDA DE SAN TIRSO:Esta capela quedou en desuso nos anos 30 do século pasado, cando se rematou a construción da actual igrexa da parroquia en Vilachá. Hoxe en día en ruinas, San Tirso ofrece unhas vistas extraordinarias da entrada da enseada de Portocelo e da Illa Sarón. 
 
Segundo a lenda, o corpo descuartizado do Santo, chegou ata o mesmo acantilado onde se atopa a capela nunha barca de pedra, que se pode contemplar ao baixar a marea no rompente do mar.

O Portiño

Pequena praia de areas brancas e oleaxe tranquilo e situada nun entorno portuario; ó  seu lado aínda se atopan os restos da  antigua baleeira  de Morás,  industria que permaneceu en funcionamento ata finais dos anos 70 do pasado século.

Lugar ideal para a práctica de  pesca dado a súa  abundante vexetación e fauna marina.

 

 

 Bañada polo Mar Cantábrico, esta parroquia fáise singular pola Illa de Sarón, o Cabo de Morás e a praia do Portiño.

Muiñelo

muinelo

 

Esta pequena cala quédase sen area durante os meses de inverno, cando o mar a varre das súas orelas deixando ao descuberto as pedras redondeadas pola acción das ondas 
A praia de Muiñelo posue unha concentraciónde iodo procedente das algas marinas, pouco habitual en ningunha outra praia. Un baño de saúdeEek
 
 



Nos meses de verán, cando o tempo mellora e o movemento do mar amaina, a praia de Muiñelo adoita recuperar outra vez a súa fina e branca area para disfrute de todos os bañistas.

 

 

Lago

Praia de areas brancas e finas, con oleaxe tranquilo, algo ventosa e de forma rectilínea; o lixeiro vento fáina perfecta para a práctida de deportes de vela.

Ó seu redor conta con zoas axardinadas e áreas de descanso, e dispón de gran número de servizos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Portocelo

O seu nome provén do latín Portus Celo, ou porto oculto.

Este nome débese á súa escondida localización ao final da enseada que leva o mesmo nome, e que formando un colo de botella desemboca nesta praia de oleaxe tranquila. Conta cuns 250 metros de largo e 20 de ancho. E está formada por area branca e pedras. Ten dúas cabezas, dous areais independientes (Canelas, Portocelo) que acaban uníndose en baixamar, que é cando alcanza a súa maior extensión superficial.


Pola gran diversidade de fauna e flora mariñas, as súas augas constitúen ricos ecosistemas para a práctica da pesca e submarinismo. Esta praia conta con todos os servicios imprescindibles.



Tranquila y solitaria playa de arena blanca y fina, con oleaje tranquilo, en forma de concha, de entorno portuario y de gran belleza paisajística, con abundancia de vegetación y fauna marítima.
Lugar ideal para la práctica de pesca tanto desde la costa como desde el mar, así como de otros deportes náuticos como el submarinismo o snorkel.

 

Esteiro

 

 

esteiro

A Praia de Esteiro está formada por un areal con dunas, moi pouco urbanizado, moi cerca da veciña poboación de Viveiro; xunto coa contigua enseada de Muiñelo, forma un conxunto tranquilo, moi propicio para os que desexan fuxir dos agobios das praias masificadas.

Conta con BANDEIRA AZUL dende xa fai moitos anos,  pola súa auga cristalina e pura, exenta de calquera clase de contaminacion.

 


 


Dado as súas fortes ondas é unha praia ideal para a práctica do surf e doutros deportes acuáticos. Está composta por area branca e fina e mide arredor de 400 metros de largo por dez metros de ancho. Esta praia conta con todos os servicios necesarios para os bañistas e ten bandeira azul.

 Nesta praia, e xa cuberta pola area dende hai anos, atópase a caldeira do vapor Juan Urazain; que sufriu unha avaría e o mar o botoucontra as rochas da praia o sábado 25 de marzo de 1922 cando transportaba carbón de San Esteban de Pravia a Corcubión.

Hoxe en día, cando fai mal tempo, aínda se poden ver algunhas partes desta caldeira ao ser descubertas polo mar.

Neste video corto, pódese ver perfectamente, ainda que o máis normal e que se vexa só unhs centímetros.

 



Aprende a surfear con los Aussies! Esteiro Surf Escola con la colaboración de A Mariña Surf Club y el Concello de Xove imparte clases de surf y bodyboard a todos los niveles y edades en castellano y inglés en la magnifica playa de Esteiro, situada en la costa de Lugo, Galicia - España.          
           VAN SURF. ESCOLA DE SURF EN ESTEIROlogosvs5
 

 

 

 

Ocio

Dormir e Comer
Feiras e Festas
Deporte e Ocio

Dormir e Comer

Circunscrito entre o mar e a montaña, e tamizado por fértiles e frondosos vales, o termo municipal de Xove ofrece unha gran variedade de produtos, todos eles de excelente calidade.

Aos seus portos chegan a diario todo tipo de suculentas especies mariñas como mariscos (centolas, lubringante, lagosta, camaróns) e peixes (bispo, abadexo, sargo, besugo), a esta rica e variada gastronomía do mar, hai que engadir os diferentes produtos   das terras de labranza do interior. Verduras e hortalizas compleméntanse coas sempre presentes carnes de vacún, caprino e porco.

    

ALOJAMIENTOS:                                                                                                          

-          CAFÉ-BAR OS FAROLES: Prada, 1 (Xuances). 982592564                              

-          C.S. MONTE: 982169349

Futon bed

-          CASA TEIXIDE: Carretera de Beltrán s/n. 982592211/982594402 www.teixiderural.com       

-          C.S.  LAGO: 626371516

-          C.S. SUMOAS: 670728959

-          CASA PEREIRO: Toimil, 14 (Xuances). 982560855/619009526                        

-          C.S. A VARA: 982592250

-          C.S. VILACHÁ: 635346276

 

RESTAURACIÓN:            

-     CENTRO CÍVICO: 982592810

-          A CANCELA: Carballo, 8 (Morás). 982592470                                                                           

-          CERVECERÍA COCIÑA: Avd. Diputación, 68 (Xove). 982592484

-          A FUGA: Tomás Mariño, 8 (Xove). 982592682                                                                           

-          A ESQUINA: Avd. Diputación, 72 (Xove). 982592778

-          NEW BURGUER: Avd. Diputación, 28 (Xove). 982592309                                                       

-          A RODA: Avd. Diputación, 65 (Xove). 982592890


-          BAR PEPE: Avd. Diputación, 71 (Xove). 671902639                                                                 

-          TABERNA VILLALPOL: Villalpol, 7 (Portocelo). 982592225               

-          O REFUGIO: Avd. Diputación, 25 (Xove). 982592887                                                              

-          ULTRAMARINOS GUERREIRO: “Casa Jaime”: Avd. Diputación Xove). 982592353

-          RINCÓN DE NURIA: Urb. Palmeiro                                                                                                 

-          SIERRA: Vilar, s/n (Lago). 982593003

-          TERRA MAR: Beltrán, 3 (Lago). 982592823

 

Feiras e Festas

 Estas son as festas que se celebran anualmente dentro do Concello de Xove, ás que están todos invitados 

  • -          Fiesta Gastronómica del Lacón: Organizada por la Asociación Cultural de Saiñas, en el mes de Febrero.

    -          San Isidoro de Monte: Primera semana de Abril

    -          Fiesta Gastronómica del Pulpo: Organizada por los hosteleros durante la Semana Santa.

    -          Feria caballar de Lago: Organizada por la Asociación Equina de A Medela el tercer domingo de mayo. Actividades de todo tipo relacionadas con el mundo del caballo.

    -          Fiesta de las Hijas de María: Organizada por ACIAM de Xove, a finales del mes de mayo.

    -          Fiesta de San Antonio y Virgen del Carmen en Morás: Finales de mayo

    mariscos

    -          Romería a San Antonio de A Rigueira: 13 de junio

    -          Fiesta de San Antonio y Virgen del Carmen en Lago: Primera quincena de julio. Se celebra una importante sardiñada.

    -          Foliada Popular: en la segunda quincena de julio, organizada por la asociación cultural Saíñas.

    -          Fiesta de San Antonio de Sumoas: Primera semana de agosto, se celebra una importante sardiñada

    -          Fiesta de San Pedro Fiz en la parroquia de Xuances. Primera quincena de agosto

    -          Feria de ganado vacuno y caballar de San Bartolo en la parroquia de Monte: 24 de agosto, organizada por la Comunidad de montes Laxamoura y en la que se desarrollan todo tipo de actividades relacionadas con el ganado.

    -          Fiesta de San Bartolo y la Virgen del Carmen en Xove: Segunda quincena de agosto

    -          Fiesta de Nuestra Señora en la parroquia de Portocelo: Segunda semana de septiembre.

    -          Fiesta del Ramo en O Cruceiro (Xuances): Primera semana de octubre. Incluye una fiesta gastronómica dedicada a los callos.

     

 

Deporte e Ocio

 Toda a costa da Mariña, é un lugar estupendo para a prática de todo tipo de deportes nauticos.

Os ríos Rigueira e Guilán son excelentes para a práctica da pesca de trucha. En canto á caza, son numerosos os cotos existentes, sendo o venado e o xabarín os protagonidas dentro da caza maior, abundando tamén a perdiz.


 Pódese practicar o sendeirismo, os que lle guste facer caminatas, unha boa alternativa, porque existen paraxes naturais de incomparable beleza, como o Pozo a Ferida na parroquia de Monte.

 Tamén se poden facer rutas a cabalo, ciclismo de montaña ou turismo todo terreno, existindo numerosas rutas e sendeiros naturais.


 


 

 

 

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo