Escola de Música de Xove
=======ACTIVIDADES ESTADO EMERXENCIA========
Dende o Concello de Xove conxuntamente coa Escola Municipal de Música, queremos adicar esta sección coma homenaxe ás familias que se implican ao máximo e aos rapaces que nestas semanas tan complicadas seguen a traballar día a día, sen desfalecer, aportando todo o seu entusiasmo e agarimo a esta longa carreira de fondo que é a educación.
Ánimo e dende aquí para todos vos recibide un forte aplauso de Demetrio Salgueiro, Dolores Meitín, Xulia Nogueira e todo o equipo docente da Escola Municipal de Música.
* A LA ORILLA DEL AGUA ELENA
Coma en anos anteriores impartiranse distintas especialidades de corda coma violín, viola, chelo e contrabaixo, así como varias especialidades de vento coma saxo, frauta ou clarinete, xunto coas materias complementarias de linguaxe musical e coro.
Xunto con isto, continuarase o traballo coa orquestra infantil e coa aula de educación musical para adultos.
- Sede da Escola: antigo Colexio de Palmeiro.
- Directora da escola Xulia Nogueira.
Un pouco de historia da Escola:
Foi no 1.986 cando o Concello de Xove decidiu crear unha Escola Municipal de Música; dende os comezos fíxose cargo da mesma o Profesor Xan Carballal, tamén director inicial da Orquestra Municipal e persoa de amplo bagaxe e prestixio dentro do mundo da música clásica.
O plan de traballo dos membros da Escola Municipal de Música encamiñouse á formación musical máis completa posible; ademáis das materias propias do Plan de Ensino, tratouse de potenciar aquelas ensinanzas propias da formación orquestral, sobor de todo ás especialidades instrumentais, prinicipalmente de corda, que son maioría no seo da Orquestra.
A partires dun traballo contínuo de varios anos, decidíuse crea-la Orquestra Municipal de Cámara de Xove con rapaces formados, na súa gran maioría, na propia Escola Municipal de Música.
Debutou a Orquestra no Nadal de 1.989 interpretando unhas panxoliñas compostas polo seu propio Director, Xan Carballal. Realmente o seu debut como orquestra clásica foi o 5 de maio de 1.990 no Pavillón de Deportes de Xove co gallo da inauguración do Centro Cívico de Xove, interpretando a Orquestra nesta ocasión a “Pequena Serenata Nocturna” de W. A. Mozart, que acadou un grande éxito.
Dende os comezos a Orquestra participou en concertos polas catro provincias galegas (actuacións en Concellos, en Itinerarios Culturais, Circuitos Culturais, Galicia Terra Unica, etc.), actuando tamén en televisión en varias ocasións. No 1.999 grava o seu primeiro CD coa compañía SONS Galiza, CD que leva por título Clásicos Galegos.
Coa consolidación da sección de vento, a Orquestra pasa a denominarse Orquestra Municipal de Xove, tendo que o número de compoñentes da mesma está entre 45 e 50, con idades que oscilan entre os 11 e os 24 anos.
Dentro da Orquestra está incluida unha pequena formación orquestral de cámara, a ORQUESTRA MUNICIPAL DE CORDA DE XOVE que actúa en espacios escénicos máis reducidos, e que loxicamente ten un caxé menor; esta formación de cámara ten de 20 a 25 membros, todos instrumentistas de corda.
Como conclusión e resume, diremos que temos por un lado a ORQUESTRA MUNICIPAL DE XOVE formada por uns 45 membros de corda e vento, e dentro desta está incluida a ORQUESTRA MUNICIPAL DE CAMARA DE XOVE formada por entre 20 e 25 membros de corda.