Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Escola Infantil

 A Escola Infantil Municipal de Xove  está ubicada na Avda. Diputación, no antiguo centro médico,  nunha zona de fácil acceso, moi próximo ó centro de saúde, ó Centro de Educación Infantil e Primaria, ó Instituto de Educación Secundaria e ó Cuartel da Garda Civil e rodeada de abundantes espazos para o xogo dos  nenos ó aire libre.

#

#

A escola infantil é de titularidade municipal é está xestionada polo Concello e está  financiada ou subvencionada polo propio Concello así como pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e xestionada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello.

escolainfanitl34

Dado que se trata dun servizo municipal subvencionado en parte polo Concello, terán preferencia os fillos dos veciños  empadroados no Concello de  Xove.

  • A Escola atende ó primeiro ciclo da Educación Infantil nos seus tres niveis, e  pode atender a nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres meses e os tres anos de idade, é dicir, ata o seu ingreso no segundo ciclo da Educación Infantil.
  • A Escola Infantil de Xove ten unha misión en boa parte educativa, xa que a maioría do tempo que os nenos e nenas pasan nela realizan algún tipo de tarefa educativa como poden ser: traballos de aula, de hixiene, hábitos de xogo,etc. Pero, ó mesmo tempo realiza unha función social de axuda ó medio familiar.
 
Ademais das actividades específicas, a escola programa unha serie de actos o longo do curso que tamén están abertos ós pais como son: Festa de Nadal, Festa de Entroido e Fin de curso.
  •  Teléfono: 982 592445      
  •  Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.   
  •  REGULAMENTO DA ESCOLA INFANTIL 

 


 

Ver mapa más grande

 

 

 

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo