Encargado de Brigada de Obras: Solicitude e Bases Regulamentadoras.

 

Por Resolución de Alcaldía de 7 de marzo de 2022 aprobáronse a BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, DE UNHA PRAZA DE ENCARGADO DE BRIGADA DE OBRAS E MANTEMENTO, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE que a seguir se transcriben na súa integridade:encargadoobras

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter de interinidade de unha praza de Encargado de brigada de obras e mantemento, polo sistema de Concurso Oposición Libre; atopándose vacante dita praza no Cadro de Persoal e non resultando posible a súa cobertura como funcionario de carreira.

2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.

GRUPO: C1

NÚM. DE VACANTES: 1

DENOMINACIÓN: ENCARGADO DE BRIGADA DE OBRAS E MANTEMENTO. A praza atópase encadrada no Grupo C, Subgrupo C1 (art. 76 RDL 5/2015, de 30 de outubro), Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais (Art. 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 8 DE ABRIL DE 2022