O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal por circunstancias da producción mediante o concurso-oposición dunha praza de educadora de escola infantil como persoal laboral.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: A2 NIVEL C.D.: 18
DENOMINACIÓN: EDUCADOR ESCOLA INFANTIL
XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa (37.5 horas semanais)
DURACIÓN DO CONTRATO: O contrato estará vixente polo tempo que dure a ausencia do traballador titular, Sonia Peloche Vilar, en estado de baixa por IT, con dereito a reserva do seu posto de traballo, polo que o cese do traballador por substitución terá lugar cando se produza a efectiva incorporación do titular substituído, cando venza o prazo para a súa reincorporación, ou cando se extinga a causa que da lugar á reserva do seu posto.
RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove
O Prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de xaneiro de 2023