Marcha reivindicativa a favor da continuidade da Industria do Aluminio

O comercio e as empresas do Concello de Xove animan a toda a Mariña, e por suposto a todos os que queiran acudir independientemente de onde sexan, a asistir a unha MARCHA REIVINDICATIVA A FAVOR DA CONTINUIDADE DA INDUSTRIA DO ALUMINIO como principal motor económico da nosa Comarca. Un importantísimo porcentaxe da nosa poboación vive, directa ou indirectamente, do sector do aluminio, dahí a importancia que ten para todos nós a continuidade da súa producción.

marchaalcoa

A convocatoria é para SÁBADO, 6 DE XUÑO, CON SAÍDA ÁS 13.00 HORAS DENDE A ENTRADA DE XOVE (a altura de Establecementos Rey), DISCURRINDO A MARCHA POLA AVENIDA DEPUTACIÓN (en dirección á Burela) ATA CHEGAR Á ROTONDA DE BELTRÁN (Estrada LU-862).

Previamente, sobre as 12:50 horas, un nutrido grupo de vehículos de empresas establecidas en Xove van sair dende o Polígono Industrial de Camba ata chegar ao inicio da marcha, á cal van acompañar ata o final.

 A organización pide que tódolos participantes vaian vestido de negro, ou que polo menos leven unha camisa ou camiseta DE    COR NEGRO  En canto ao tráfico, durante a duración da marcha vaise cortar o tramo da estrada LU-862 dende a Rotonda de Parceiros ata a rotonda de Beltrán, en ámbalos dous sentidos.