Medidas adicionais contra o COVID-19
Por mor do Covid-19, co fin de garantír as máximas precaucións sanitarias, dende o Concello de Xove tómanse as seguintes decisións:
-
- En definitiva, tómanse este conxunto de medidas debido ao brote de covid-19 que temos na Mariña e co fin de axudar á saúde pública, evitando, no posible, que se produzan contaxios, dado que os espazos públicos, pola súa natureza de ser lugares onde se xuntan grupos numerosos de persoas, son susceptibles de ser importantes focos de contaxio.-Cancelar tódalas reservas de espazos públicos (usos de pavillón, salón de actos, ...) ata novo aviso.
- -Cancelar os usos dos espazos públicos deportivos (piscina, campos de fútbol, pavillón, boleras,..) e culturais (salón de actos,..) ata novo aviso. A Biblioteca Municipal, que permanecía aberta ao público con aforo reducido, tamén se pecha ao público ata novo aviso.
- -Péchanse os 2 parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro.
- -Péchanse os baños públicos, concretamente os situados nun lateral do Pavillón de Deportes de Xove.
- O Concello vai seguir aberto, iso sí, con cita previa telefónica para evitar aglomeracións.