LINEA VERDE: COMUNICACION DE INCIDENCIAS

O CONCELLO DE XOVE IMPLANTA UN SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DE APP MÓVIL, WEB E CONTACTO

P2040003 FILEminimizer

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece LÍNEA VERDE . Este servizo sirve como canal directo de comunicació n dos desperfectos que se detecten no equipamento urbano do municipio.

 

Durante este mes, o Concello de Xove únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo LÍNEA VERDE. A través deste canal de comunicación directo, os veciños poden poñer en coñecemento do concello aqueles desperfectos que detecten na súa localidade.

lineaverde.jpg

Grazas a esta ferramenta de participación cidadán, o concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución as cuestións comunicadas.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/Ios). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta . A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio http://www.lineaverdedexove.es , ou ben a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no horario de 8:00h a 17:00h (custo da chamada 0.07€/

O Concello de Xove anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Línea Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadán, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.