XXXI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA

O Curso, que na súa XXXI edición comezou este pasado sábado 9 de abril nas instalacións do antigo Colexio Público de Palmeiro, celebrou hoxe o seu primeiro concerto,    concretamente o  CONCERTO DE CÁMARA que foi maioritariamente protagonizado polos alumnos máis pequeniños.   Mañá terá lugar o  CONCERTO DE CLAUSURA a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

 O Curso está sendo todo un éxito, cunha participación de algo máis de 60 alumnos. O Curso está organizado pola Asociación Prestoxove e conta coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.

 

XXXI CURSO MÚSICA SEM  SANTA- CONCERTO CÁMARA 5