Minerais contra o Cancro...

O Concello de Xove está adherido ao proxecto Minerais contra o Cancro. Este proxecto está integrado por un equipo multidisciplinar investigador da USC e o HULA. O obxectivo  é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de quimioterapia e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes.

 Para a primeira fase do estudo necesitanse mostras de sangue da poboación de Lugo, polo que se fai publica esta información para que a xente se anote e participe.
dona sangre