Información pública de postes de recarga para vehículos eléctricos.

No BOP núm. 118 de data 25/05/2022 publicase o Anuncio polo que se somete a información pública previa o Expediente 433/2022: Concesión do uso privativo de solo público para a instalación de 2 postes de recarga para vehículos eléctricos.PUNTO RECARGA

 
Durante o prazo de 30 días poderánse presentar as reclamación e/ou suxestións que se estimen oportunas.
 
O citado anuncio así como a Memoria Xustificativa ( galego/castelan); o Prego de Prescripcións Técnicas – PPT ( galego-castelán); o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares-PCAP (galego-castelán) e o Cadro Resume (galego-castelán) de dito expediente atópanse ao dispor dos interesados no Taboleiro Municipal de Anuncios da sede electrónica municipal (http://xove.sedelectronica.gal ) “
 
ANUNCIO 

Resolución de Alcaldía número 2022-0404 de 16 de maio de 2022 pola que se somete a información pública a Memoria Xustificativa, Normas de Execución e Especificacións Técnicas así como o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares para CONCESIÓN DEMANIAL DO USO PRIVATIVO DE ESPAZOS DE DOMINIO PÚBLICO PARA A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

Logo de instruir polos servizos competentes deste Concello, expediente de concesión administrativa de uso privativo de espazos de dominio público para a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos no termo municipal de Xove, convócase, segundo o disposto no artigo 87 do RD 1372/1986, de 13 de xuño, polo  que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, por prazo de trinta días, trámite de información  pública, a fin de que quen poidese terse por interesado no devandito expediente, poda visitar as instalacións así como comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións teñan por convinte.  --> ANUNCIO BOP