Clausurado o VIII Obradoiro de Emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove

Coa presenza do Delegado Provincial da Xunta, os alcaldes de Xove e Cervo e a Concelleira de Medioambiente de Burela, hoxe clausurouse este obradoiro na súa VIII edición.

Contou cun orzamento duns 360.000 €uros, financiados pola Xunta de Galicia. Dentro dos traballos realizados, desglosados por concello, temos:CLAUSURA VIII CURSO EMPREGO  2

   Xove. Especialidade de xardinería, contou con 7 alumnos. Traballos realizados:

   -Acondicionamento do Parque Centro Cívico.

   -Poda de árbores de Palmeiro e Xove.

   -Limpeza e desbroce da Senda “Ruta dos Muiños”.

   -Acondicionamento do entorno do Centro Social de San Cristovo.

   -Acondicionamento da Área de Autocaravanas da Praia de Esteiro.

   -Acondicionamento do Parque Etnográfico da Baleeira de Morás.

   Cervo. Especialidade de xardinería, contou con 6 alumnos. Traballos realizados:

-Acondicionmento e mantemento de parques e xardíns dos núcleos de Cervo e San Cibrao.

   -Mantemento da Área Sargadelos (Conxunto Histórico Artístico).

   -Creación de xardfíns secos no Parque Reina Sofía de San Cibrao.

   -Mantemento da zona da Antiga Fábrica de Salazón e entorno da Ponte Medieval.

   Burela. Especialidade en pintura e revestimentos, contou con 7 alumnos. Traballos realizados:

   -Acondicionamento integral interior da Casa de Cultura de Burela.

   -Traballos de impermeabilización de fachada e pintado da mesma na antiga Biblioteca de Burela.

   -Pintado, barnizado e mantemento xeral do mobiliario urbán do núcleo de Burela.

   A nivel de persoal, o Curso contou con 20 alumnos, 3 monitores, 1 administrativo e 1 director.

 

CLAUSURA VIII CURSO EMPREGO  1