NOVO VISOR DO PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL

INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS E PXOM

  O Concello de Xove lanza o “XEOPORTAL DE DATOS”, dispoñible online e que ofrece un servizo de VISUALIZACIÓN E CONSULTA URBANÍSTICA POR PARCELA CATASTRAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN (PXOM) APROBADO e tamén ofrece a CONSULTA DOS BENS INVENTARIADOS NO INVENTARIO DE BENS E DEREITOS MUNICIPAIS. 

Esta ferramenta, basada en tecnoloxía de GIS, facilita o acceso á información dos bens de propiedade municipal inventariado e a consulta urbanística mediante a busca por referencia catastral ou dirección, ofrecendo a versatilidade de poder realizar as consultas dende calquer dispositivo e a activación da geolocalización en dispositivos móviles con GPS      e consultar así dende calquer punto do territorio a planificación urbanística.

   O “XEOPORTAL DE DATOS” é, en definitiva, un paso máis para favorecer a visibilidade e a transparencia da información municipal da información municipal a todos os veciños e persoas interesadas.

   Polo momento, este tipo de tecnoloxía a teñen instalada os Concellos de Vigo, A Coruña e Santiago, sendo o Concello de Xove o 4º, e primeiro na Provincia de Lugo, que dispón desta importante ferramenta, que vai ser utilísima para todos os nosos veciños e para todas aquelas persoas que estén interesadas no noso Concello.

   Para rematar, decir que a instalación desta tecnoloxía correu a cargo da Empresa Procat Ingeniería y Medioambiente.

VISOR PXOM

NOTA IMPORTANTE: CANDO SE BUSCA POLA REFERENCIA CATASTRAL HAY QUE POÑER SOLO OS PRIMEROS      14 DÍXITOS        DA REF. CATASTRAL E BORRAR OS ÚLTIMOS

ENLACE PARA CONSULTAR. https://arcg.is/0zuOmK