XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN XOVE

xxxwEste vindeiro sábado 1 de outubro Xove acollerá unha edición máis, a XI, do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias. Tamén contaremos con 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.

   Como acto emotivo e especial reseñamos que imos contar cunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira bendecida pola deusa fortuna é Dª Isabel García Sierra. Inda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro.