Bolos: Novas ganadoras de Xove

 AS XOVENSES LARA RODRIGUEZ E JULIA LOPEZ ACADAN O CAMPEONATO DE ESPAÑA NA CATEGORIA FEMENINA DE PARELLAS.

O pasado sábado, 24 de setembro, celebrouse en Nigrán (Pontevedra), no Campo da Camoesa de Camos, o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLOS CELTAS nas categorías mixta e femenina. Gran éxito das xogadoras do Club de Bolos Xove desprazadas a disputar os Campeonatos de España na categoría de mixta e femenina, disputados o pasado fin de semana.

Na categoría femenina, na modalidades de parellas, a formada polas xogadoras do Club de Bolos Xove, LARA RODRIGUEZ e JULIA LOPEZ acadou o título de CAMPEONAS DE ESPAÑA vencendo na final a tamen xogadora de Xove BELEN MEITIN e a PATRICIA do Club de Bolos Peitieiros de Gondomar.

CLASIFICACION FINAL CAMPEONATO ESPAÑA FEMENINO PARELLAS

Na categoría individual Julia Lopez que partia como unha das claras favoritas quedou eliminada en cuartos de final pola xogadora de Baiona Blanca Lago.             

CLASIFICACION FINAL CAMPEONATO ESPAÑA FEMENINO INDIVIDUAL

No tocante á categoría mixta, a parella de Club de Bolos Xove formada por Julia Lopez e o seu irman Miguel non foron capaces de defender o campeonato acadado o pasado ano, caendo en cuartos de final cun apretado marcador diante de Blanca Lago e Vicente Moo do Club de Bolos Estivada.

CLASIFICACION FINAL CAMPEONATO DE ESPAÑA MIXTO