COMEZAN EN XOVE OS OBRADOIROS DE LONGA DURACIÓN

Co mes de outubro comezan os obradoiros de longa duración no concello de Xove que estarán activos ata finais de maio. No Obradoiro “Xove Ponte en Forma”, que se vai desenvolver na aula multideportiva do Concello, temos as seguintes actividades:

O luns 2 de outubro da comezo o OBRADOIRO DE IOGA con cinco grupos. Serán impartidas na antiga casa do director do colexio, cun grupo os luns e mércores de 17:30 a 19:00 h., e o resto dos grupos serán os martes e os xoves en horarios de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00 horas. O martes día 3 dará comezo o OBRADOIRO DE BORDADO con dous grupos, os martes e xoves de 16:30 a 18:30 h. O mércores día 4 dará comezo o OBRADOIRO DE BOLILLOS con dous grupos, un as 15:00 h. e outro as 17:00 h. Ambos obradoiros (bordados e bolillos) vanse desenvolver nas instalacións municipais da Avenida Deputación.-
 
gimnasia mantenimiento portada 19112015 consalud