Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Éxito da I Xornada Micolóxica en Xove.

O Concello de Xove levou a cabo este sábado a I Xornada Micolóxica de Xove, unha iniciativa que reuniu 50 participantes procedentes de distintos lugares da Mariña, nunha xornada marcada polo compañeirismo, a aprendizaxe e a paixón polo mundo dos cogomelos.

25182b4a-42b9-4251-a734-68f53d8b50a4

A actividade comezou cunha introdución no salón de actos, na que os asistentes puideron coñecer os aspectos básicos da xornada e prepararse para a saída ao campo. A continuación, os participantes desprazáronse ata a parroquia de Monte, onde realizaron unha saída micolóxica para localizar e identificar diferentes especies de cogomelos.

Despois do xantar, a actividade continuou cunha posta en común das especies atopadas, que permitiu comentar e analizar os exemplares recollidos, así como resolver todas as dúbidas e cuestións que foron xurdindo entre os participantes.

A xornada converteuse nunha oportunidade para compartir coñecementos, intercambiar experiencias e gozar dunha afección común nun ambiente de convivencia e compañeirismo, achegándose ao mesmo tempo á riqueza natural do municipio de Xove.

Desde o Concello de Xove faise unha valoración moi positiva desta primeira edición, tanto pola participación rexistrada como polo interese e a implicación das persoas asistentes.

O éxito desta I Xornada Micolóxica anima a seguir promovendo actividades que fomenten o coñecemento do medio natural, a divulgación e a convivencia entre a veciñanza e as persoas afeccionadas á micoloxía.

Escola Municipal de Música de Xove presenta o novo curso 2026-27

Este sábado tivo lugar nas instalacións do antigo colexio de Palmeiro a presentación do novo curso escolar 2026-2027, nun encontro no que as familias tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da escola e as principais novidades de cara ao novo curso.

IMG-20261003-WA0001

Durante a xornada, o equipo da escola presentou ás familias os horarios, a organización e o funcionamento do centro, así como os diferentes aspectos relacionados co día a día do alumnado. O encontro permitiu tamén resolver dúbidas e compartir información de interese para afrontar o inicio do curso con claridade e confianza.

A presentación serviu, ademais, como punto de encontro entre as familias e o equipo da escola, reforzando a importancia da comunicación e da colaboración entre a comunidade educativa.

Desde a escola agradecen a participación das familias nesta xornada e a súa disposición para iniciar, xuntos, este novo curso 2026-2027 con ilusión e compromiso.

Recepción da obra de Ancheamento da Curva das Gulpilleiras, na Rigueira.

O Concello de Xove ven de recepcionar as obras de mellora e ancheamento da curva das Gulpilleiras, na parroquia de A Rigueira. Esta actuación, executada pola empresa Carferlo, S.L., permitiu transformar de maneira notable este tramo e mellorar as condicións de seguridade e circulación para os usuarios da LU-P-2604 Xove-Monte-Valcarría neste punto concreto da zona da curva.

Esta mellora foi incluida dentro do Plan Único da Diputación, onde ésta colaborou cunha achega de 206.000 euros e o restantes 165.000 euros foron con fondos das arcas municipais para sumar unha inversión total na obra de máis de 370.000 euros.

20260916 103330

Para facer posible esta ampliación os propietarios de parcelas colindantes fixeron unha donación gratuita porque foi necesario executar tamén un reforzo do terreo mediante a construción dun muro de contención, garantindo así a estabilidade da plataforma viaria.

Ademáis da mellora da sección da estrada, a intervención incluíu unha nova sinalización horizontal e vertical, coa finalidade de ordenar a circulación e incrementar a seguridade neste punto da vía. Un dos elementos máis destacados da actuación foi a configuración dun triple carril, que permite organizar de maneira máis eficiente os movementos dos vehículos. Por unha banda, dous carrís facilitan a continuidade da circulación polo vial principal, mentres que o terceiro permite o desvío cara aos lugares de Soutorredondo e Vila.

A maiores aproveitouse esta obra para facer traballos de mellora na rede principal de abastecemento de auga que consistiron en susituir por unha nova a antiga rede procedente do Torrillón e que comunica co depósito de Montevelle.

Desde o concello de Xove salientan a importancia deste tipo de actuacións destinadas á mellora e conservación da rede viaria provincial, especialmente en puntos nos que o incremento da sección da estrada e a reorganización da circulación contribúen a facer máis seguros e funcionais os desprazamentos da veciñanza.

A recepción das obras pon así o punto final a unha actuación que supón unha mellora significativa das condicións deste tramo da vía LU-P-2604, tanto para o tráfico que continúa polo itinerario principal como para os vehículos que se dirixen cara a outros núcleos de población.

ITV de vehículos agrícolas 2026

itv xove

O Concello de Xove informa de que os vindeiros 20 e 21 de outubro de 2026 terá lugar en Xove a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de vehículos agrícolas. As inspeccións realizaranse no aparcadoiro do Centro de Saúde, diante do Cuartel da Garda Civil de Xove, facilitando así ás persoas propietarias de vehículos agrícolas da zona o cumprimento das correspondentes revisións.

O horario será o seguinte:

  • Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
  • Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web www.sycitv.com, no apartado de Cita previa.

Desde o Concello de Xove lémbrase a importancia de aproveitar esta convocatoria para realizar a inspección dos vehículos agrícolas dentro dos prazos establecidos.

AVISO | CORTES DE ESTRADA POR OBRAS

Como consecuencia do avance dos traballos de extensión de mestura bituminosa na estrada provincial LU-P-2604 “Xove (LU-862) – Monte – Valcarria (LU-P-6607)”, será necesario realizar un corte de estrada no tramo comprendido entre os PK 0+900 e PK 3+140.

???? O corte terá lugar do 17 ao 22 de setembro, ambos os días incluídos.
➡️ Posteriormente, será necesario realizar outro corte na estrada provincial LU-P-2605 “A Tronca (LU-862A) – Vila – Tarolo (LU-P-2604)”, no tramo comprendido entre os PK 0+000 e PK 2+700.
???? Neste caso, o corte será do 23 ao 25 de setembro.
???? Recoméndase prestar atención á sinalización e utilizar os desvíos provisionais establecidos.
???? Nas imaxes que acompañan esta publicación poden consultarse os desvíos provisionais propostos.
???? Desde o Concello de Xove agradecemos a comprensión e as molestias que estas obras poidan ocasionar.
 
corteFoto 1
corteFoto 2

Rehabilitación da Pista Polideportiva

O Concello culmina a rehabilitación e mellora da pista polideportiva do parque de Xove cun investimento de 18.000 euros.IMG 20260904 093330 resized 20260904 110755857

O Concello vén de rematar os traballos de rehabilitación e mellora da pista polideportiva do parque de Xove, unha actuación moi necesaria debido ao desgaste que experimentaba polo uso intensivo da mesma e do paso do tempo.

A intervención consistiu nunha reparación integral do peche perimetral e da estrutura soporte da pista multideportiva 3x3, así como na renovación completa do pavimento deportivo de céspede sintético, a colocación de canastas novas e a mellora na rede de protección.

Optouse por unha reparación integral da instalación debido a que o uso constante da infraestrutura representaba un risco significativo para os usuarios e facía inviable a práctica deportiva de maneira segura e adecuada, o que obrigou a acometer unha actuación completa en lugar dun simple tratamento superficial.

A valoración económica deste proxecto ascende a 18.000 euros e a actuación está financiada ao abeiro dun convenio para subvención directa polos ingresos percibidos pola Xunta de Galicia derivados do Imposto de Compensación Ambiental.

Con esta obra, o Concello reforza o seu compromiso coa mellora das infraestruturas deportivas municipais e coa creación de espazos seguros, accesibles e de calidade para a práctica do deporte e o lecer da cidadanía, especialmente da mocidade que fai un uso habitual desta instalación do parque de Xove.

Xove clausura o programa Xove Concilia Verán 2026

Xove clausura mañá venres, 4 de setembro, o programa Xove Concilia Verán. Este servizo municipal ofreceu desde o  primeiro día das vacacións escolares, 22 de xuño, apoio ás familias con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar.

 
Clausura Xove Concilia Verán 2026.2

No Xove Concilia Verán participaron máis de 60 nenas e nenos de entre 3 a 10 anos, en horario de 8:45 a 14:00 horas, e atendéronse ás necesidades de 57 familias que precisaron de axuda para conciliar a súa vida laboral coa atención á familia, ó longo de todo o período estival de vacacións escolares.

O servizo está a cargo da empresa Sonaga Gestión S.L. e é cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad. Gobierno de España.

Onte, 2 de setembro, o Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove, reuníronse cos participantes de Xove Concilia Verán para agradecerlles a súa participación e facerlles entrega dun agasallo de despedida. 

Desde o Concello de Xove agradecen a participación e a confianza das familias no Xove Concilia Verán 2026, así como o labor da coordinadora e das monitoras encargadas de facer posible a programación estival.

Festas Patronais de Portocelo 2026

Portocelo toma o relevo das Festas de Xove con tres días de celebración na honra de Nosa Señora.

Unha vez rematadas as festas patronais de Xove, a celebración continúa esta fin de semana na parroquia de Portocelo, que se prepara para vivir tres intensas xornadas festivas na honra da Nosa Señora. Os días 4, 5 e 6 de setembro, a música, a gastronomía e a tradición volverán ser protagonistas nun programa pensado para tódolos públicos.

As festas darán comezo o venres 4 de setembro ás 21.00 horas coa celebración da Festa da Paella de Marisco ao estilo Portocelo. Nesta ocasión, o encargado de cociñar e servir a paella será o famoso tiktoker zamorano El Papi, que achegará o seu particular estilo a esta proposta gastronómica, que á vez estará amenizada pola Asociación Cultural Saíñas.

20260901 200709

A música empezará ás 23.00 horas cunha gran verbena, que contará coa actuación do Dúo Musical La Hora Bruja e do Grupo Lecer.

O sábado 5 de setembro, as bombas de palenque, ás 10.00 horas, anunciarán o comezo dunha nova xornada de festa.

Os actos relixiosos terán lugar ás 13.00 horas, cunha misa solemne na igrexa de Vilachá, seguida dunha sesión vermú a cargo do Dúo Crazy no campo da festa de Portocelo.

Xa pola noite, a música volverá ser a gran protagonista cunha verbena que contará coas actuacións das Orquestras Charleston Big Band e Cinema. A xornada festiva do sábado rematará coa música da Disco Móbil Conxuro.

Servizo especial de autobuses.

Co obxectivo de facilitar os desprazamentos e favorecer que todas as persoas poidan gozar da festa con seguridade no desplazamento, o sábado haberá servizo especial de autobuses desde Viveiro, Xove, San Cibrao e Burela.

O programa festivo pecharase o domingo 6 de setembro cunha gran sesión vermú prolongada, que dará comezo ás 13.30 horas e que estará amenizada polo Dúo Primera Línea.

A organización destas festas corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, que traballa incansablemente ao longo de todo o ano na organización de outros eventos para facer que todos os veciños e veciñas da parroquia e visitantes poidan desfrutar destas festas á Nosa Señora e como non, agradecen a toda a veciñanza e empresas a súa colaboración.

O Concello de Xove, como colaborador nestas grandes festas, convida a toda a veciñanza e ás persoas que se acheguen desde outros municipios a participar nestas festas de Portocelo e a gozar dunha fin de semana na que a tradición, a gastronomía e a música volverán encher de ambiente a parroquia.

FESTAS PORTOCELO 2026 -  4 prensa

As festas de Portocelo supoñen así a continuidade do calendario festivo do municipio despois das celebracións patronais de Xove, mantendo vivo o espírito festivo durante este primeiro fin de semana de setembro e dando un remate forte a un verán intenso e cheo de festas por todo o concello.

 

Actuacións da Xunta de Galicia para a evolución tecnolóxica da Tdt en Xove

A Xunta de Galicia puxo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios e cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de televisión dixital terrestre.

No Concello de Xove, hoxe realizáronse actuacións nos seguintes lugares:

  • A RIGUEIRA (SAN MIGUEL):• A Abelá • A Ponte do Carro• Ferrol• Labradela• Lamas• O Canaledo• O Pazo• O Prado Vello• San Vicente• O Torrillón• Soutorredondo• Vila
  • O MONTE (SANTO ISIDORO):• As Cancelas
  • XUANCES (SAN PEDRO)* Camba* Campo Susao* O Cruceiro* Pereiraboa
  • PORTOCELO (SAN TIRSO)* Canelas* Portocelo* Villalpol

 Estas actuacións forman parte do proceso de adaptación e evolución tecnolóxica da rede de TDT.

tdtnova

Corte do tráfico en Lago

AVISO PARA TODOS OS USUARIOS E USUARIAS DA VÍA QUE VAI DENDE O CRUCE DO CENTRO SOCIAL DE LAGO ATA O BURGO DA BARXA, NA MESMA PARROQUIA DE LAGO

Os vindeiros días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, esta estrada permanecerá cortada ao tráfico con motivo dos traballos de mellora da ponte da Barxa.Durante estes días levaranse a cabo estudos xeotécnicos necesarios para obter información que permita planificar e executar adecuadamente as actuacións de mellora desta infraestrutura. Para realizar estes traballos é imprescindible que a maquinaria e o equipo humano poidan traballar in situ na propia ponte, polo que non será posible manter o tráfico rodado pola vía.

Por este motivo, recoméndase aos usuarios e usuarias que utilizan habitualmente esta ruta que empreguen outras vías alternativas e paralelas durante os días indicados. Só se permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. Desculpen as molestias que este corte poida ocasionar e agradecemos a súa comprensión e colaboración.

  CIERRE CARRETERA A BARXA - LAGO

Festas de Xove 2026: Contos de igualdade

As festas patronais de Xove deron comezo este xoves cunha actividade especialmente pensada para os máis pequenos da casa.

IMG20260827120829

Ás 12.00 horas tivo lugar a actuación de Caxoto, que presentou o espectáculo Moito que limpar (contos de igualdade), unha proposta de contacontos que achega aos nenos e nenas, dun xeito divertido e próximo, historias e reflexións arredor da igualdade.

Ante a previsión de chuvia, a actividade, que estaba dentro do Programa Ler Conta Moito, tivo que cambiar a súa localización inicialmente prevista na praza anexa á biblioteca e trasladouse ao salón de actos do Centro Cívico de Xove, onde finalmente se desenvolveu con total normalidade.

Foron moitos os nenos e nenas, acompañados tamén por familiares e maiores, que se achegaron ata o Centro Cívico para desfrutar dos contos de Caxoto. A actuación permitiu aos máis pequenos vivir un momento de diversión e, ao mesmo tempo, achegarse a valores como a igualdade e a convivencia.

Deste xeito, as festas patronais de Xove comezan cunha actividade familiar que pon aos máis pequenos no centro da programación e que dá o pistoletazo de saída a varios días de celebracións na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme.

XL Festival de San Bartolo

O Concello de Xove anima a participar no XL Festival de San Bartolo, unha das grandes citas co folclore das festas patronais.

O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas que nos visiten a gozar da XL edición do Festival de San Bartolo, unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas patronais na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme.

O festival, organizado un ano máis pola Asociación Cultural Saíñas de Xove, terá lugar o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes de Xove e ofrecerá ao público unha tarde de música, baile tradicional, festa e diversión.

Nesta edición, o programa contará coa actuación do grupo Xoaniña da A. C. Saíñas, que volverá amosar o traballo que desenvolve a asociación a prol da conservación e difusión da nosa cultura e do noso folclore.

Como grupo convidado, o festival contará coa presenza da Asociación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, unha formación que achegará a Xove a súa música, os seus bailes e o seu saber facer, contribuíndo a crear ese ambiente festivo que caracteriza esta celebración e que, de seguro, fará as delicias do público asistente.

Desde o Concello de Xove queremos agradecer á Asociación Cultural Saíñas o seu traballo constante e incansable ao longo de todo o ano, así como o seu importante labor social e cultural. Grazas á súa dedicación, o noso folclore mantense vivo, transmítese entre xeracións e o nome de Xove viaxa por outros lugares, levando con orgullo a nosa identidade e a nosa cultura.

20260821 125626

O XL Festival de San Bartolo convértese así na guinda das festas patronais, nun encontro para gozar da música e do baile tradicional e, sobre todo, para compartir unha xornada de festa coa veciñanza e con todas as persoas que se acheguen ata Xove.

Desde o Concello convidamos a toda a veciñanza e a quen nos visite a acompañarnos o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes, para gozar desta gran festa do folclore.

Boas festas a todos e todas e vémonos no XL Festival de San Bartolo!

Cartaz San Bartolo 2026

Festas de Xove 2026

Xove prepárase para vivir as súas Festas Patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme do 27 ao 31 de agosto.

 O Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle presentan a programación das Festas Patronais 2026, que se celebrarán do 27 ao 31 de agosto, cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos e que combina tradición, cultura, música, gastronomía e lecer.

IMG-20260815-WA0002

As celebracións darán comezo o xoves 27 de agosto ás 12 da mañá cunha actividade infantil na praza anexa á biblioteca a cargo de Caxoto, dentro do programa Ler Conta Moito. Pola tarde, o Salón de Actos do Centro Cívico acollerá o pregón das festas, que será pronunciado por D. Oliver Escobar, veciño de Xove e catedrático na Universidade de Edimburgo. A xornada rematará coa representación da ópera rock "O camiño do amor", do Grupo Claxxon, incluída no programa Concertos do Xacobeo.

O venres 28 de agosto continuará a programación coa actuación da Maga Fani para o público familiar ás 12 da mañá. Ás 20:00 horas celebrarase a tradicional Sardiñada Popular, amenizada pola Charanga NBA, e seguida dunha gran verbena coas orquestras Ritmo Joven e Grupo América.

Festas de Xove 2026

O sábado 29 de agosto, día grande na honra a San Bartolo, comezará cos pasarrúas da Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da A.C. Saíñas. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión, seguidas da sesión vermú coa Orquestra Principal. Pola tarde terá lugar o XL Festival de San Bartolo da man da A.C. Saíñas no pavillón de deportes para deleitar a todo o público asistente do mellor folklore popular. A noite culminará cun espectáculo de fogos de artificio e unha verbena amenizada polas orquestras Principal e Gran Parada, e rematando coa Disco Móbil Conxuro.

O domingo 30 de agosto, dedicado á Virxe do Carme, celebrarase a misa solemne e procesión acompañadas pola Banda CC.TT. Ntra. Sra. de la Misericordia. A continuación desenvolverase a sesión vermú co Grupo Nueva Fuerza e pola tarde. Ás 19:00 h levarase a cabo no Campo Municipal de fútbol de Xove o XXXVI TORNEO “CONCELLO DE XOVE” de Fútbol, que enfontará a U.D. Xove- Lago vs C.D. As Pontes. E xa pola noite, a verbena contará coa actuación da recoñecida Orquestra El Combo Dominicano.

As festas pecharanse o luns 31 de agosto, festivo local en Xove e que aproveitamos para conmemorar o Día da Infancia, cunha tarde de inchables na praza do Concello para o desfrute dos máis pequenos.

Desde a organización convídase a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nunhas festas que volverán converter Xove nun punto de encontro para a convivencia, a música, a tradición e a diversión, grazas á colaboración da veciñanza, do tecido asociativo, empresas locais, e das distintas entidades que fan posible esta celebración.

2diptico - Xove Page1

2diptico - Xove Page2

 

Feira de Gando de San Bartolo 2026

A Feira de Gando do San Bartolo volverá reunir a tradición gandeira en Penas Agudas o luns 24 de agosto.

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais, o recinto feiral de Penas Agudas, na parroquia de Monte (Xove), acollerá a tradicional Feira de Gando do San Bartolo, unha cita xa consolidada no calendario festivo e gandeiro da Mariña lucense. A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Durante a mañá desenvolveranse os tradicionais concursos gandeiros, nos que se premiará ao gandeiro ou gandeira que presente o maior número de reses cabalares e tamén ao que achegue o maior número de reses vacunas, recoñecendo así o esforzo e a implicación dos profesionais do sector.

Xa pola tarde celebrarase o agardado concurso de marcha, no que os cabalos participarán tras seren medidos por un xuíz, establecéndose dúas categorías: exemplares de menos de 1,50 metros e exemplares de máis de 1,50 metros de alzada.

IMG-20260812-WA0008

O programa completarase cunha misa solemne ás 11.00 horas na igrexa parroquial de Monte. Ao remate terá lugar unha sesión vermú con animación musical, que continuará durante a tarde para crear un ambiente festivo en todo o recinto e ofrecer unha xornada de convivencia para a veciñanza e visitantes.

A organización, a cargo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Costa de Laxamoura, anima á cidadanía e aos visitantes a achegarse ata Penas Agudas para gozar dunha feira que representa unha parte fundamental da historia e da identidade da parroquia de Monte. Ademais de poñer en valor a riqueza do sector gandeiro, a Feira do San Bartolo constitúe un punto de encontro para compartir tradicións, impulsar o mundo rural e desfrutar dunha xornada festiva en contacto coa natureza e cos animais.

FEIRA DO SAN BARTOLO 2025

Desde o Concello de Xove, como ente colaborador, convídase tamén a todas as persoas a visitar a feira e a desfrutar desta cita única, onde a paixón polos animais, a tradición gandeira e a hospitalidade da parroquia de Monte convértense, un ano máis, nos grandes protagonistas.

Cardioprotección no Concello de Xove

Xove convértese nun dos concellos máis cardioprotexidos de Galicia coa incorporación de tres novos desfibriladores de última xeración
O Concello de Xove vén de reforzar de maneira significativa a súa rede de cardioprotección coa adquisición de tres novos desfibriladores automáticos Mindray de última xeración, nun investimento de arredor de 4.000 euros. O material foi entregado por Camilo, de Emergal Ensino, S.L de Mondoñedo. Na entrega estiveron o alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras Dolores Meitín, Cristina Iglesias e Cecilia Duarte.
A adquisición a parte dos tres desfibriladores, inclúe tamén dúas bolsas de intervención equipadas con parches e mascarillas para actuacións de emerxencia.
Con esta incorporación, o Concello completa a cobertura existente, que xa contaba con dous desfibriladores: un situado na Piscina Municipal e outro no vehículo dos vixiantes municipais, co obxectivo de poder desprazalo rapidamente a calquera punto onde sexa necesario.

ENTREGA DESFIBRILADORES

Os tres novos equipos distribuiranse do seguinte xeito:
Un desfibrilador fixo no Salón de Actos Municipal, un espazo que acolle numerosos eventos con gran afluencia de público.
Outro desfibrilador fixo no Pavillón Municipal, onde se desenvolve unha intensa actividade deportiva e social durante todo o ano.
Un terceiro equipo irá nunha mochila portátil de emerxencias, para dar cobertura ás festas, eventos culturais, deportivos e demais actividades que se celebren nas diferentes parroquias do municipio.
Estes desfibriladores destacan por ser dos máis modernos do mercado. Son totalmente automáticos e capaces de detectar de maneira automática se o paciente é adulto ou infantil, sen necesidade de cambiar os parches, o que permite unha actuación máis rápida, sinxela e eficaz en situacións de emerxencia.
O Concello de Xove conta xa con persoal formado para o manexo destes dispositivos e, ademais, impulsará novos cursos de formación dirixidos a asociacións, clubs e colectivos do municipio, co propósito de que cada vez máis persoas saiban actuar correctamente ante unha parada cardiorrespiratoria.
Con este novo investimento, Xove reforza o seu compromiso coa seguridade e coa saúde pública, consolidándose como un referente en cardioprotección e garantindo unha maior cobertura en todo o territorio municipal, tanto nas instalacións municipais como nas festas e eventos que se desenvolven ao longo do ano.

 

Festas de San Pedro Fiz (Xuances) 2026

As festas patronais de San Pedro Fiz en Esteiro celebraranse os días 8 e 9 de agosto cun completo programa de actividades para tódolos públicos.

IMG-20260729-WA0052
O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas festas patronais na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán os días 8 e 9 de agosto no campo da festa situado nas inmediacións da praia de Esteiro, un dos areais máis fermosos e concorridos do municipio, distinguido ademáis coa Bandeira Azul pola calidade das súas augas.
A programación dará comezo o sábado, 8 de agosto, ás 10:00 horas, co tradicional lanzamento de bombas de palenque, anunciando que Esteiro está de festa. Ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú, amenizada polo Grupo Lecer.

IMG-20260722-WA0004
Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar a tradicional Festa da Empanada e do Bolo Preñado, unha cita gastronómica que estará acompañada pola música dos gaiteiros da Asociación Cultural Saíñas de Xove.
A partir da noite, a música será a gran protagonista cunha verbena amenizada polo Grupo Lecer e a Orquestra Sinfonía, garantindo unha noite de festa e diversión para tódolos públicos.
Como broche á xornada, á medianoite celebrarase o tradicional Conxuro da Queimada, seguido dunha degustación gratuíta para tódalas persoas asistentes.
As celebracións continuarán o domingo, 9 de agosto, cunha misa solemne ás 13:00 horas na capela de San Pedro Fiz (Ceranzos), que contará coa participación do Coro de Valdeflores. A continuación terá lugar a tradicional procesión, acompañada musicalmente polos gaiteiros da A.C. Saíñas de Xove.
A festa trasladarase de novo ao campo da festa, fronte á praia de Esteiro, onde ás 14:30 horas dará comezo unha gran sesión vermú amenizada polo Dúo Son de Festa, poñendo o punto e final a unha fin de semana marcada pola música, a gastronomía, a tradición e a convivencia.
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, cuxos integrantes levan semanas traballando con ilusión e dedicación para que todo se desenvolva á perfección. A entidade quere agradecer expresamente a colaboración da veciñanza, dos comerciantes e de todas aquelas persoas que contribúen ao bo desenvolvemento desta celebración na parroquia.
Pola súa banda, o Concello de Xove, como entidade colaboradora, quere recoñecer o importante labor que realiza a Asociación de Veciños San Pedro de Xuances na conservación e recuperación desta festa tradicional, exemplo do compromiso co patrimonio cultural e co dinamismo do rural.
O Concello convida á veciñanza e ás persoas que visiten a comarca durante esas datas a achegarse a Esteiro para gozar dunhas xornadas de boa gastronomía, excelente ambiente e música, nun enclave paisaxístico privilexiado, onde a harmonía, a convivencia e a hospitalidade volven converter esta celebración nunha das citas festivas máis especiais do verán no municipio.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026