Visita medioambiental dos veciños de Xove

O pasado venres 7 de xuño 40 veciños/as de Xove disfrutaron dunha visita medioambiental coa que o Concello quixo celebrar o Día Mundial do Medioambiente. Estas 40 persoas, acompañadas pola Concelleira de Agricultura Dolores Meitín, sairon de Xove ás 8:00 horas para realizar unha primeira parada na Casa Grande de Xanceda (en Mesía) co fin de visitar unha granxa ecolóxica. Despois de xantar e xa pola tarde tiveron a oportunidade de visitar  o Complexo Medioambiental da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda. Ámbalas dúas visitas foron acompañadas por explicacións técnicas a cargo de responsables de cada un dos lugares que visitaron.

A convocatoria desta viaxe estivo a cargo da Concellería de Agricultura, dirixíndose a titulares de explotacións gandeiras e tamén a aquelas persoas que participaron no programa de compostaxe doméstico.

   Coa  viaxe, ademáis de colaborar nos actos de celebración do Día Mundial do Medioambiente, pretendeuse un dobre obxectivo: o primeiro foi o de mellorar a súa educación medioambienal, recibindo neste sentido valiosas explicacións nos lugares que visitaron, e o segundo consisteu en contribuir a concienciación medioambiental dos participantes. 

 >>>>>>>>---------pulse sobre a imaxe para ampliar-------------------<<<<<<<<<