Aberto o prazo para solicitar árbores autóctonos e frutais 2016

O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, acaba de ABRIR  O PRAZO para SOLICITAR ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN.  Este prazo abreuse  onte, luns 24 de outubro e rematará o vindeiro 30 de decembro do presente ano.

Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, o poden facer  no Departamento de Agricultura en horario normal de oficina.