XXI Feira Nacional de Gando Cabalar en Lago-Xove

O vindeiro DOMINGO, 21 de maio terá lugar na Parroquia de Lago (NO CAMPO DA FESTA E O SEU ENTORNO, ANEXO AO CENTRO SOCIAL DE LAGO), no término municipal de Xove, a 21 FEIRA NACIONAL DE GANDO CABALAR organizada pola Asociación Equina “A Medela” de Xove.

A Feira vai comezar ás 10:00 horas coa apertura de mesa de  inscripcións para todas aquelas persoas que queiran participar cos seus animais, e despois comezarán os distintos concursos, que en total van a repartir cerca de 2.000  euros en premios. (adxuntamos coa presente Nota o Programa de actividades cos distintos horarios dos concursos, e tamén adxuntamos  as  Normas do Concurso así como unha descrición da espectacular  Proba de Barriles)

Os actos rematarán cunha PROBA DE HABILIDADE DE BURROS  ás 19:00 horas e a entrega de premios e o sorteo dun XATO. Agradecer, por último, o patrocinio do Concello de Xove, a colaboración de numerosas empresas, Garda Civil de Xove, Protección Civil da Mariña, Cabaleiros e a tódolos espectadores.