Fogueiras de San Xoan 2017


A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN  para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.

   O prazo, que xa está aberto dende o pasado luns, rematará o MÉRCORES, 21 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.

   Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira,  NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.