Charla axudas PAC 2018

Estimado/a gandeiro/a: O vindeiro LUNS, 12 de MARZO, ás 11:00 da mañá , terá lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove unha reunión informativa para aclarar as dúbidas que poidan surxir coa tramitación das axudas da PAC., será a cargo de Dª Remedios Soto Lorenzo, Xefa de Sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, que nos informará ademáis de cómo segue a problemática da pataca.

Recordámoslles tamén que para denunciar os danos ocasionados polo xabaril poden chamar ao teléfono 012 para deixar constancia dos múltiples danos que este animal está causando nas nosas parcelas.

Dende o Concello quedamos a súa disposición para calquera trámite ou consulta.