Charla sobre a PAC 2018

A charla informativa  que tivo lugar  o luns 12 de marzo ás 11:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove dirixida a  todos os gandeiros e gandeiras do noso municipio  onde Dª Remedios Soto Lorenzo, Xefa de Sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, lles informou e aclarou as dúbidas sobre a tramitación das axudas da PAC. Tamén tratou outros temas de interés para os veciños, por exemplo cómo seguía a problemática da pataca. Ademáis os asistentes  aproveitaron para manifestar o malestar causado polos danos que ocasiona o xabaril nas súas fincas.