BANDO fogueiras San Xoan

rituales-noche-san-juan

D. JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde – Presidente do Concello de Xove (Lugo)

FAI SABER:

Ante a proximidade da celebración de San Xoan recordar a todos os veciños e veciñas a necesidade de pedir permiso para a celebración da tradicional fogueira na noite do 23 ao 24 de xuño.

Esta solicitude hai que facela no Concello, no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes. O prazo está aberto dende o 7 ata o 21 de xuño (ambos inclusive).

Como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, este Concello acordou o seguinte:

  1. Prohibir a celebración da tradicional fogueira de san xoan en espazos públicos.
  2. Permitir a realización da fogueira en terreos particulares, debendo respectarse as instruccións que se indican na solicitude, así como aquelas de carácter sanitario derivadas do COVID-19.

O que fago público para xeral coñecemento.