Plantacións de patacas no Concello

PLANTACIÓNS DE PATACAS.potatoes-2543686 960 720

Viveiro, Xove, Vicedo e Cervo, pasan a ser ZONAS TAMPÓN, en canto a cultivo de patacas por causa da Couza Guatemalteca (Tecia solanívora), quere dicir que a partir de agora xa se poden plantar patacas nestes concellos, pero existe a obriga de que o interesado teña que facer  unha declaración de plantación indicando o polígono e parcela onde vai plantar e a superficie. Esta declaración teñen que facela antes do 1 de abril.

Poden pasar pola Oficina Agraria de Viveiro ou tamén na Delegación de Agricultura do Concello para facer a declaración.

Pódese facer tamén en sede electrónica da Xunta. O código do procedemento é MR465C.