Curso de Iniciación á Apicultura

 O Concello de Xove ven de iniciar esta mañá o curso de iniciación á apicultura. Este curso levarase a cabo na aula de formación do Concello hoxe sábado 13 de abril e mañá domingo 14 en horario de 9:00 a 14:00 h e o próximo domingo 21 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.

0|1|1

O curso de 20 horas de duración contará con un 50 % de formación práctica nun colmear se as condicións climatolóxicas o permiten.

Sobre unha veintena de alumnos e alumnas conforman este curso, que conta co seguinte programa:

-Bioloxía no enxame. O apicultor/ A Apicultora. A colmea.

-Instalación do apiario. Flora melífera. Reprodución do enxame.

-Saúde das abellas: Avespa velutina. Varroa. Loque.

-Produtos das abellas; mel, pole, própole, xelea, cera. Colleita e comercialización.

O Concello de Xove é o que organiza e financia este curso, impartido pola Casa do Mel de Goente-As Pontes (Coruña).