Solicitudes de árbores e prantas de xardín
Adobe_Illustrator_CS2ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR ÁRBORES E PLANTAS NO CONCELLO DE XOVE  
O pasado 26 de outubro abreuse o prazo para que tódolos veciños e veciñas de Xove interesados en solicitar árbores, tanto froiteiras, árbores autóctonas e tamén plantas de xardín, poidan facelo pasando polo Departamento de Agricultura do Concello.
A data límite para as solicitudes remata o 18 de decembro.
Con esta iniciativa, intentamos incentivar ós nosos veciños a que planten árbores e así contribuir á millora do Medio Ambiente.
A condición principal para poder facer a solicitude é que o solicitante deberá estar censado no Concello de Xove.
Se teñen calquera dúbida, o horario de oficinas é de Luns a venres: 8:30 a 15:00 h.
e os Luns pola tarde: 16:30 a 19:30 h.