Entrega das Axudas para Limpeza de Montes en Xove

 

arbores3Na Xunta de Goberno celebrada o pasado 1 de outubro foron aprobadas as AXUDAS PARA LIMPEZA DE MONTES; un total 220 solicitantes van recibir axudas por un importe de 29.675 €uros.
O prazo para solicitar estas axudas xa rematara o 2 de abril, procedéndose despois por parte do Concello a revisión dos montes co fin de comprobar que estes estiveran realmente limpos.
A entrega destas axudas, que vai estar presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Dolores Meitín, vai ter lugar o vindeiro Mércores 13 de outubro ás 11:00 horas no SALÓN DE ACTOS do centro cívico de Xove.