Autorizacións para as Fogueiras de San Xoan 2012

 Con motivo da proximidade do día de SAN XOAN, informase a todolos veciñ@s que o luns 4 de Xuño abrirase o prazo para solicitar a autorización do Concello para facer a tradicional FOGUEIRA, xa que NON é valido un permiso de queima agrícola.
O prazo para facer a solicitude rematará o mércores 20 de Xuño.
A solicitude pode facerse no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove.