Entrega de Diplomas da Escola de Maiores

Hoxe, día 27 de xuño de 2013, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas  a cargo da Concelleira de Servicios Sociais, Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.

O curso tivo unha duración de outubro de 2012 a xuño de 2013. Durante este periodo ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais, unha á Ribeira Sacra co proxecto Km 0 da Deputación de Lugo e outra ao concello de Allariz.

O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación,  mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.  

escolaMaioires2013

 COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA :Rematado o Curso 2012-2013 da Escola de Maiores, continúan as actividades dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 1 de xullo de 2013 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 30 persoas. Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a  previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.