Axudas ó Estudo 2013 de comedor e transporte

 Pola Xunta de Goberno Local, fixose a aprobación das bases regulamentadoras para a  Concesión de bolsas e axudas para comedor e transporte para  o curso escolar 2012-2013, con un prazo de prentación ata o  LUNS 15 de xullo de 2013  (inclusive). 

Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES :

a.- Impreso de solicitude     

b.- Fotocopia do D.N.I. ou N.I.F. do solicitante    

c.- Fotocopia do Libro de Familia    

d.- Certificado de empadroamento e convivencia    

e.- Certificado ou acreditación de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a axuda      

f.- Copia compulsada da declaración da renda de tódolos maiores de idade da unidade familiar.  

g.- Xustificante das contías das pensións que se perciban por parte dalgún membro da unidade familiar. 

h.- Notas acadadas no curso rematado. 

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Os interesados en acceder ás axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello. As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados e poderán presentarse nas dependencias de Servizos Sociais do Concello ata o 15 de xullo.

  •  Anuncio de convocatoria de Axudas transporte e comedor  2013 /PDF 
  • Bases Axudas 2013 /PDF
  •