Aberto o plazo para solicitar prestación ecónomica por fillos menores de 3 anos.

Dirixido as  persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF. No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública. 

Prazo de presentación:  Ata o 14 de marzo de 2015. MÁIS INFORMACION NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO. 982 592001

NormativaOrde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.(DOG nº 21/02/2015)

Requisitos:  Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Contía da axuda: A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros..- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros..- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación:

 

 Solicitude e anexos | Presentación electrónica na sede