Convocatoria de BECAS e AXUDAS ao ESTUDO curso 2015/2016

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2015/2016 abarcará DO 15 DE OUTUBRO AO 19 DE NOVEMBRO DE 2015. 

Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:

 

 SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS O ESTUDIO

DECLARACION OUTRAS AXUDAS  --<>-- DECLARACION RESPONSABLE

 

 

acordo da Xunta de Goberno Local de 17 de setembro de 2015 de convocatoria para a concesión de axudas e bolsas ao estudo  2015 .

Vista a Proposta de Alcaldía que a seguir se transcribe:

Vista a Ordenanza xeral de subvencións aprobada provisionalmente polo Concello Pleno na súa sesión de 19 de decembro de 2011.

Vistas as Bases Reguladoras da concesión de axudas e bolsas ao estudo do Concello de Xove aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 18 de setembro de 2014 para o Curso 2014 - 2015.  

Visto que se considera conveniente efectuar a convocatoria de ditas subvencións par ao presente o curso 2015-2016 sen necesidade de modifica-las Bases referenciadas, agás obviamente, o prazo de presentación de solicitudes e a preceptiva reserva de crédito.

DISPOÑO

ÚNICO. Que previa emisión de informe de Secretaría con relación ao procedemento e a Lexislación aplicable para convocar e conceder as axudas descritas, e informe de intervención en relación á existencia de crédito para a atención do gasto derivado da concesión das mesmas, de ser ámbolos dous informes favorables, se proceda á aprobación das meritadas bases e á convocatoria das axudas para o curso 2015 - 2016. 

Efectúese igualmente retención do crédito dispoñible na correspondente partida do Estado de Gastos.

Vistos os informes emitidos polo Secretario e a Interventora municipais obrante no expediente,  a Xunta de Goberno Local, por unanimidade en votación ordinaria  acorda:

 

bases reguladoras vixentes