Termalismo Social IMSERSO.-
Dende o Goberno Central convocanse Servizos de Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido, tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final, Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario, Póliza colectiva de seguro turístico, Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios. O Imserso contribuirá, mediante achega directa ao establecemento termal, ao financiamento do custe das prazas con unha achega media por praza de 170,63 euros, oscilando o seu importe entre 128,70 euros e 214,50 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento.
- Documentación: Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe médico: Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
- Lugar de presentación: Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites : Servizos Sociais Comunitarios. Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.) Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- Prazo de presentación: Para participar no proceso de adxudicación de praza: Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2016. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2016. Máis información: Balnearios participantes. Folleto informativo.-Web IMSERSO .- Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080