Axudas da Xunta de Galicia a personas con discapacidade

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal

Normativa: Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. (DOG nº 53 do 17/03/2016)

Obxecto:Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

SOLICITUDES e Documentación na  SEDE XUNTA DE GALICIA

Lugar de presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Consellería de Política Social .- Nos servizos sociais DO CONCELLO DE XOVE. En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 18 de maio de 2016 (por ser o día 17 inhábil).

Adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, sempre que teña recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do SAAD.

Adquisición do servizo de acompañamento e intérpretes, sempre que se acredite a súa necesidade para a cobertura dunha necesidade diferente das que se lle dá cobertura a través do SAAD ou do Sistema galego de servizos sociais

Incompatibles coa percepción doutras prestacións a través de entidades, organismos, asociacións, etc., que reciban financiamento das administracións públicas a través de ordes de subvencións, convenios, relacións contractuais, etc., cando delas derive a gratuidade da prestación/servizo para a persoa usuaria.

Subsidiarias e, se é o caso, complementarias da carteira de servizos comúns de análoga natureza e finalidade do Servizo Galego de Saúde.

Poderán ser complementarias, ata o 100 % do custo subvencionado, doutras liñas de actuación similares doutras administracións/organismos.

Só se poderá conceder unha axuda por persoa solicitante vinculada a un só servizo de promoción da autonomía persoal, dos enumerados no anexo I, ou a un servizo complementario de asistencia persoal. Excepcións:

Servizo de transporte adaptado ou asistido, permitirase a súa compatibilidade coa subvención para a adquisición dun servizo de promoción da autonomía persoal cando o transporte adaptado sexa necesario para o desfrute do outro servizo.

Servizo de acompañamento e intérpretes:  poderá ser beneficiaria dunha subvención para a adquisición dun servizo de promoción da autonomía persoal con cargo a estas axudas e dunha subvención para a adquisición dun servizo de acompañamento e intérpretes, cando este último sexa necesario para o desfrute do outro servizo.

Requisitos das persoas beneficiarias: Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Poderán solicitar estas axudas as persoas que solicitasen o recoñecemento do grao de discapacidade con anterioridade á data de publicación desta convocatoria. A percepción da axuda quedará condicionada a que lles sexa recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, dentro do prazo máximo establecido para a resolución.

A persoas solicitantes de servizos complementarios de asistencia persoal, ademais de cumprir co requisito do punto anterior, deberán ter recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do SAAD.

 Para os efectos de recoñecer a necesidade da axuda individual solicitada en relación coa adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, e de acordo co servizo de promoción a que se vincula, será requisito necesario que sexa determinada a súa idoneidade de acordo coa situación de saúde e social da persoa solicitante. A idoneidade valorarase de acordo coas dificultades ou carencias importantes na atención das necesidades da persoa solicitante ou na súa integración social, entendendo o concepto de necesidades nun sentido amplo: de subsistencia, de saúde, de carácter social, de desenvolvemento persoal, de autonomía, etc., cun certo grao de intensidade. Emitirase un informe de oficio pola unidade de coordinación da dependencia da Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da Discapacidade, onde se valore este aspecto, con base na documentación existente no expediente de recoñecemento do grao de discapacidade da persoa solicitante e que, se é o caso, poderá solicitar aqueles informes complementarios ou documentos que se consideren necesarios para tal fin.

Ademais, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

Actuacións subvencionables

Importe das subvencións: