Xornada de Primeiros Auxilios da Escola de Maiores

Hoxe,  21 de abril, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Xove unha Xornada de Primeiros Auxilios, que forma parte das actividades da programación da Escola de Maiores. A esta charla acudiron persoas dos tres grupos da Escola, que se amosaron moi interados por temas relacionados coa súa vida persoal e entorno, participando de forma activa durante toda a actividade e valorando de forma moi positiva a información recibida.

Esta xornada foi impartida por persoal de Universidade de Santiago de Compostela e é complementaria doutra anterior impartida o pasado mes.  Na mesma coñeceron o funcionamento dun desfibrilador e a maniobra de reanimación cardio-pulmonar.