Festa de Fin de Curso na Escola Infantil 2016

Hoxe, a media mañá, tódolos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove disfrutaron dun día especial xa que remataron o curso dunha maneira oficial. E que mellor maneira de finalizar que cunha festa, a que asistiron todos eles  mailos seus pais. A festa foi temática, adicada aos piratas, estando amenizada polo grupo O RINCÓN DO TRASGO de Burela. Un desfile de piratas, actividades de globoflexia, música en vivo, etc., foron algunhas das actividades das que puideron disfrutar. Os máis maiores, como despedida da Escola, xa que para o ano incorporaranse na súa maioría ao Colexio Pedro Caselles,  recibiron un diploma do alcalde Demetrio Salgueiro. Unha boa merendola con gusanitos e outras exquisiteces puxo fin á festa.