Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove

O sábado 1 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.  A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales inda poderán anotarse ata o mesmo VENRES 16 DE SETEMBRO.  

A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.  

Por outra banda, decir que inda continúa aberta a Exposición COAS NOSAS MANS IX, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Mañá, xoves 25 de agosto, será o último día que se poderá visitar esta exposición na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove.