No pasado mes de outubro de 2016 foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove, rematando o prazo de presentación das solicitudes o día 16 de decembro do mesmo ano.
As modalidades das axudas, como ven sendo habitual, son as seguintes:
O día 9 de xaneiro de 2017 celebrouse a sesión da Xunta de Goberno Local, logo da Xunta Municipal de Portavoces, na que se adoptou a aprobación da concesión dun total de 74 axudas das 88 solicitudes presentadas. As axudas concedidas, foron:
Dende a Concellería de Servizos Sociais quérese destacar o esforzo orzamental que o Concello fai cada ano co fin de potenciar a educación no noso Concello, nunha aposta clara polo futuro dos nosos xoves; recordamos que estas axudas abranguen a tódolos estractos educativos, dende os estudios infantís ata os estudios universitarios, doutoramentos e masters.
Significativo é tamén o incremento no investimento, como podemos apreciar nos datos que mostramos a continuación, que mostran as cantidades investidas polo Concello nos tres últimos anos, cun incremento do 7% no 2016 con respecto ao 2015 e cun 5 % no 2017 respecto do 2016: ANO 2015 (CURSO 2014/2015): 36.810,67 €; ANO 2016 (CURSO 2015/2016): 39.372,64 € (+ 7%) e ANO 2017 (CURSO 2016/2017): 41.368,79 € (+ 5%)
A diferenza de convocatorias anteriores, neste curso o pago das axudas realizarase por TRANSFERENCIA BANCARIA (ultima semana de Xaneiro).
O total das axudas para este curso 2016/2017 é de 41.368,79 €.